Día das bibliotecas 2020

Ao longo da última semana de outubro celebramos nas nosas aulas o Día das bibliotecas cos recursos facilitados polo equipo de biblioteca no genially de máis abaixo.

Como ven sendo tradición, aproveitamos a data para entregar os carnés aos 26 novos lectores que temos no centro este curso.

Asemade, tamén comezamos a traballar coas mochilas viaxeiras co alumnado de Ed. Primaria e cos Libros que van e veñen co alumnado de Ed. Infantil.

Nesta ocasión, por mor do COVID, só fixemos unha actividade grupal que consistiu nun contacontos adaptado do libro "Violeta quere ser vampiro" de Ramón Veiga, repre polo alumnado de sexto curso para toda a comunidade educativa en varias sesións.