DÍAS DE SAMAÍN & ALL HALLOWS´S EVEN

3 DÍAS DE FESTA DO SAMAÍN, HALLOWEEN

Comezamos a semana chea de actividades para conmemorar unha festa que ao noso alumnado lle encanta: O Samaín ou Halloween (véspera de Todos Os Santos).

Iniciamos as actividades cun plan lector conxunto onde visionamos unha curtametraxe de terror (titulada Os Paiasos Asasinos) e grabada polo antigo alumnado de 6º curso de Educación Primaria. Posteriormente, varios alumnos do actual 6º curso leron as súas historias de medo a todos os nenos e nenas do centro. Velaquí tedes algunhas imaxes: