Skip to Content

Avisos

CALENDARIO ESCOLAR- Curso 2021-2022

Estimadas familias:

Achegamos para a súa lectura a ORDE DO 19 DE MAIO DE 2021 POLA QUE SE APROBA O CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022 NOS CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

Os días seleccionados polo Concello como NON LECTIVOS serán o 24 de setembro e o 1 de outubro de 2021.

 

CLICA NA IMAXE PARA LER A ORDE:

INICIANDO CURSO ESCOLAR 2021-2022

ESTIMADAS FAMILIAS:

Benvidas e Benvidos ao novo curso escolar 2021-2022!!!

 

Achegamos os HORARIOS para as XUNTANZAS de presentación e inicio do curso escolar:

  • MARTES 07/09/2021 

09:30 H reunións de 1º e 2º de Educación Primaria (edificio principal)

10:30 H reunións de Educación Infantil (edificio B)

  • MÉRCORES 08/09/2021

9:30 H reunións de 3º e 4º de Educación Primaria

10:30 H reunións de 5º e 6º de Educación Primaria

SO PODERÁ ACUDIR Á REUNIÓN UN PROXENITOR/A POR ALUMNA/O.  É OBRIGATORIO O USO DE MÁSCARA.

APERTAS E BO COMEZO !!!

RECOLLIDA VALES/AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

Informamos que xa está dispoñible o LISTADO PROVISIONAL do fondo solidario de libros de texto e material escolar. Podedes consultalo no taboleiro do CEIP ou chamando. O período de reclamacións serán os 2 días seguintes á publicación da listaxe. Poderes pasar a recoller os vales(para material escolar e a compra dos libros de 1º e 2º EP) os días 6, 7 e 8 de xullo en horario de 10:00 a 13:00H.

Lembramos que nas aulas de 5º e 6º de Ed. PRIMARIA terán libro dixital, agás o cuadernillo de inglés (que terán que comprar).Os portátiles DE 5º E 6º e os libros de texto de 3º e 4º EP. entregaranse en setembo.

Apertas!

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA para NOVOS/AS ALUMNOS/AS- CURSO 2021-2022

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:

DO 23 AO 30 DE XUÑO.

Horario: de 10:00 a 13:00 H

DOCUMENTACIÓN NECESARIA EN ARQUIVOS ADXUNTOS:

  1. ANEXO III

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO - CURSO 2021/2022

Estimadas familias:

O xoves 20 de maio publicouse no DOG a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/2022. Na seguinte ligazón poden acceder á orde:

 ORDE do 6 de maio de 2021

O prazo para a presentación de solicitudes abrangue dende o día 21 de maio ata o 22 de xuño do presente ano. Para as persoas solicitantes que dispoñan de certificado dixital ou Chave365, o 21 de maio activouse a presentación de solicitudes mediante Sede Electrónica. Ligazóns para a tramitación en liña:

 FORMAS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Sede Electrónica

Aplicación FondoLibros

Descargar impreso ED330B

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

-IMPRESO DE SOLICITUDE DEBIDAMENTE CUMPRIMENTADO (ANEXOS I e II)

-COPIA COMPLETA DO LIBRO DE FAMILIA. SE ESTE NON REFLICTE A SITUACIÓN A 31/12/19:

  • FOTOCOPIA DA SENTENZA XUDICIAL DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO
  • DOCUMENTO LEGAL QUE ACREDITE A SITUACIÓN CORRESPONDENTE (EN CASO DE NON ENTREGAR ESTA DOCUMENTACIÓN, TERASE EN CONTA A INFORMACIÓN REFLECTIDA NO LIBRO DE FAMILIA)

 O alumnado de 5o e 6o de EP queda excluído do Fondo Solidario de libros de texto por participar no proxecto E-DIXGAL (libro dixital)

Lembramos que as/os alumnas/os de 6º de primaria dispoñen do mesmo prazo e deben realizar a presentación das solicitudes no centro de educación secundaria no que solicitaron a reserva de praza para o vindeiro curso 2021/2022.

LISTAXE DEFINITIVA DE FONDO DE LIBROS E VALES DE MATERIAL.

Adxuntamos as listaxes provisionais de admitidos/as no fondo de libros de texto e vales de material. Para a súa consulta comprobade os  últimos catro díxitos do DNI dun dos proxenitores.

 

Dende o Xoves día 9 ata o Venres día 10 podedes pasar a recoller os vales en horario de 10:00 a 13:00.

Adxuntamos tamén a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso escolar. Informámos que:

O alumnado de PRIMEIRO  debe mercar todos os libros.

O alumnado de SEGUNDO debe mercar todos os libros agás o de Relixión.

O alumnado de TERCEIRO, que sexa beneficiario do fondo de libros so debe mercar o cadernillo de Inglés, o libro e cadernillo  de música e o  libro de Relixión de ser o caso. Se non fose beneficiario do fondo debe mercalos todos.

O alumnado de CUARTO, so deberá mercar o cadernillo de Inglés e o libro  e cuadernillo de música.

O alumnado de QUINTO, traballará este curso co proxecto E-Dixgal polo que so deberá mercar o cadernillo de Inglés

O alumnado de SEXTO, so deberá  mercar o cadernillo de Inglés e o libro e cuadernillo de música.

Calquera dúbida poñervos en contacto co centro.

Un saúdo

O equipo directivo.

LISTAXES PROVISIONAIS DE FONDO DE LIBROS E VALES DE MATERIAL

Estimadas familias:

Adxuntamos as listaxes provisionais de admitidos/as no fondo de libros de texto e vales de material. Para a súa consulta comprobade os  últimos catro díxitos do DNI dun dos proxenitores.

O mércores  día 8 de Xullo, publicaremos o listado definitivo.

Dende o Xoves día 9 ata o Venres día 10 podedes pasar a recoller os vales en horario de 10:00 a 13:00.

SAÚDOS.

 

APERTURA DO PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DE NOVAS/OS ALUMNAS/OS PARA O CURSO 2020-2021

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:

DO 1 AO 10 DE XULLO.

Horario: de 9:00 a 14:00

DOCUMENTACIÓN NECESARIA EN ARQUIVOS ADXUNTOS:

  1. ANEXO III
  2. SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR E OPTATIVAS
  3. DOCUMENTACIÓN A APORTAR

Agardámosvos!

LISTAXES DE ALUMNOS/AS ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O CURSO 2020-2021

Infomamos ás familias que todas as solicitudes de admisión presentadas FORON ADMITIDAS. As listaxes DEFINITIVAS de alumnos/as admitidos/as e non admitidos/as para o vindeiro curso 2020-2021 pódense consultar no taboleiro de anuncios que se atopa á entrada do colexio ou ben chamando ao teléfono do centro: 886.151082, en horario de 9:00 a 14:00h.

Os alumnos e alumnas que van pasar o IES 1º DE MARZO poden recoller o sobre para a formalización de matrícula no noso CEIP.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

20 MAIO-19 DE XUÑO

O HORARIO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES SERÁ de 10:00 a 13:00 h CON CITA PREVIA: 886.151082

Para acceder ó centro é obrigatio o uso de mascarilla.

 FORMAS DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

Presentación no centro: Neste caso imprimir a solicitude e o anexo II e presentalos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación.

Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia: É NECESARIO DISPOR DE CERTIFICADO DIXITAL OU CHAVE 365. Neste suposto o centro recibirá un aviso no seu correo electrónico que lle informará de que ten solicitudes presentadas por esta vía.

Anexo II– Autorización dos membros da unidade familiar, agás o solicitante.As autorizacións dos membros da unidade familiar distintos do solicitante figuran no anexo II, que aparece xunto coa últma páxina da solicitude, no caso da presentación presencial, e como un documento anexo no caso de solicitudes presentadas pola Sede Electrónica.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

  • IMPRESO DE SOLICITUDE DEBIDAMENTE CUMPRIMENTADO (ANEXO I e II)
  • FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA
  • EN CASO DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO DEBERÁN ACHEGAR FOTOCOPIA DA SENTENZA XUDICIAL E/OU CONVENIO REGULADOR ONDE CONSTE A ATRIBUCIÓN DA CUSTODIA DO/A MENOR.

 

ENLACE AO DOG(ORDE 12 DE MAIO DE 2020)

INSTRUCIÓNS

ENLACE Á APLICACION FONDO LIBROS

DESCARGAR IMPRESO SOLICITUDE(ANEXO I e II)

ENLACE Á SEDE ELECTRÓNICA PARA A TRAMITACIÓN EN LIÑA

INFORMACIÓN AXUDAS

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut