Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

5º Ed.Primaria

Taller de lettering 8M

No taller de Lettering que realizamos esta semana traballamos o 

8 de Marzo, Día Internacional da Muller.

 

Semana da Prensa

Pola Semana da Prensa na escola,  as clases de 4º e 5º de Primaria participamos nunha actividade na que recibimos a visita dun xornalista que traballa na Voz de Galicia, Jorge Noya.

En primeiro lugar contounos en que consiste un periódico, cales son as súas seccións e como se organizan e outras moitas curisiodades relacionadas co seu traballo.

A continuación, en grupos, realizamos unha noticia a partir dos titulares que nos repartiu Jorge. Todos eles estaban relacionados co noso municipio.

Podedes ver algunhas fotos que resumen o que fixemos durante a actividade a continuación.

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Semana da prensa

Experimento II - A hixiene dental

No segundo experimento que fixemos este curso traballamos a importancia do coidado dos

dentes e de ter unha axeitada hixiene dental.

 

Utilizamos ovos, un refresco de cola, cepillo e pasta de dentes e auga.

 

Pincha na imaxe para ver un pequeno vídeo que resume o que fixemos.

 


Taller de lettering de Nadal

No taller de Lettering do mes de decembro decoramos bólas de

Nadal.

Circo de Nadal

  Para rematar o trimestre todo o cole fomos ao Circo de Nadal a Vigo 20 ideas de Emojis de navidad | emojis, emoticonos, emoticones emoji

 

A continuación merendamos nun parque preto da Praza de América e rematamos

a mañá xogando alí.

 

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Circo Nadal

Recomendacións lectoras para Nadal

Chegou o Nadal e con el queremos recomendarvos algunhas lecturas para esta

época do ano. Pinchade nas imaxes para acceder ao arquivo.

 

Agardamos que sexan do voso agrado

 

Dende o Equipo de Biblioteca Creativa aproveitamos para desexarvos a todas e

todos que pasedes un agarimoso Nadal!

 

BIBLÚ agárdavos á volta con moitas sorpresas....

 

Samaín en 5º

O martes 30 de outubro vivimos un Samaín terrorífico no centro.

Podedes ver unha mostra do noso día no seguinte vídeo...

A XERMINACIÓN DAS SEMENTES DE FABAS

Aquí deixamos unha mostra do que foi o noso primeiro experimento deste curso.

Nel seguimos os pasos de método científico, entre eles: establecemento de obxectivos e hipóteses, observación, sacamos as nosas conclusións...

Neste caso, fixemos un seguemento do proceso de xerminación das sementes de faba tendo dúas condicións experimentas, unha condición A sen auga, e unha condición B, con auga.

Xa estamos preparando o que será o segundo experimento....

Podedes pinchar na imaxe para acceder ao vídeo.

 

 

Servicio Integral de Reparación equipamento E-Dixgal

Nesta publicación podedes acceder á información referente as coberturas do equipamento do alumnado de 5º e 6º de Primaria que traballan co proxecto E-Dixgal.

É totalmente voluntario e as familias que desexen consultar a información sobre as características e cobertura do Servicio Integral de Reparación poden facelo clicando na imaxe.

 

 

 

 

Información E-Dixgal para as familias

Xa temos dispoñible toda a información para as familias sobre o proxecto E-Dixgal que se leva a cabo nas aulas de 5º e 6º de Educación Primaria.

Clica na imaxe para acceder ao arquivo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut