Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

5º Ed.Primaria

Scratch 5º EP

O luns 13 de maio viu ao cole o pai dun alumno da nosa clase, Manuel Rego, para falarnos do programa Scratch.

Primeiro explicounos en que consiste o software libre e a continuación deunos unhas nocións básicas de como utilizar o programa Scratch.

A actividade que realizamos consistiu en crear un cómic e o resultado foi moi bo.

Agardamos que poida volver o vindeiro curso para seguir afondando máis no programa.

 

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Scratch 5º

Taller de Primeiros Auxilios

O mércores 22 de maio tivemos no centro un membro do 061, que impartiu un taller de Primeiros Auxilios a todo o alumnado.

Comezamos todos/as xuntos/as cunha charla sobre como actuar en situacións de emerxencia: pasos a seguir, onde chamar...

Tamén nos deu a coñecer os diversos medios sanitarios de emerxencia que existen: ambulancias, helicóptero...

A continuación fomos asistindo por grupos para realizar unha parte máis práctica, na que a través dunha situación de emerxencia fomos poñendo en práctica os coñecementos adquiridos e rematamos practicando a Reanimación Cardiopulmonar.

Podedes ver algunhas fotos a seguir.

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Primeiros auxilios

Taller de hixiene bucodental

O luns 20 de maio realizamos un taller de saúde bucodental coa colaboración do equipo da Clínica Romeo.

Todas as clases asistiron á actividade, na que recibiron información importantísima sobre o coidado da súa boca, ademais de realizar algunhas actividades prácticas sobre cepillado dos dentes e da lingua.

Podedes ver algunhas imaxes a continuación.

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Hixienista

Visita a Baiona 5º EP

O xoves 9 de maio, o alumnado de 5º de Primaria fomos ao centro da vila de Baiona. 

En primeiro lugar visitamos a Casa do Concello, onde guiados pola concelleira Nuria Leyenda fomos percorrendo as disintas dependencias. Tamén tivemos a ocasión de falar con distintos traballadores/as, facerlle unha entrevista ao Alcalde e, como sorpresa final, puidemos subir a torre para apreciar as marabillosas vistas da nosa vila.

A continuación fomos a "Carabela Pinta" e a Casa da Navegación. Nestes dous sitios puidemos coñecer máis sobre a historia de Baiona.

Por último, rematamos a mañá descansando no Parque da Palma.

Podedes ver algunhas fotos a continuación.

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Baiona 5º EP

Casa Museo Rosalía de Castro

O 7 de maio as aulas de 3º, 4º e 5º de Primaria fomos a Padrón. 

Alí realizamos unha visita guiada pola Casa Museo de Rosalía de Castro. Puidemos coñecer datos sobre a súa vida e a súa familia que descoñeciamos.

Ao rematar fomos ata o Xardín Botánico-Artístico de Padrón onde puidemos merendar, ver disitntas especies vexetais e tamén xogar un pouco.

Podedes ver as imaxes da nosa mañá a continuación.

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Casa museo Rosalía de Castro

Programa XOGADE

O luns 29 de abril, a aula de 5º EP fomos ao IFEVI para participar nunha xornada de

convivencia con outros centros da nosa contorna, dentro do programa XOGADE.

 

Na nosa modalidade xogamos ao voleibol. Podedes ver algunha imaxes das nosas

partidas a continuación.

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Xogade 5º EP

Canción Biblú

Para rematar a conmemoración da Semana do Libro, realizamos un vídeo musical entre todas e todos. 

Cada aula inventou unha parte da letra da canción e unha coreografía.

Podedes ver o resultado da que xa é a nosa canción da Biblioteca Creativa clicando na imaxe.

 

Taller nutricional

O venres 23 de marzo todos os cursos participamos nun Taller de Nutrición Saudable.

Os máis pequenos e pequenas revisamos folletos para analizar cales eran os alimentos saudable e os que non.

Os de primaria, ademais de recibir información sobre o importante que é alimentarse de forma saudable e, sobre todo, nutrirse, realizamos un taller onde cociñamos algúns pratos moi ricos e sanos:

- Tortas de améndoa ou avena con ovo e froita

- Macedonia de froita variada

 

 

Álbum: *Curso 2023-2024* -> charla nutrición

Taller de lettering 8M

No taller de Lettering que realizamos esta semana traballamos o 

8 de Marzo, Día Internacional da Muller.

 

Semana da Prensa

Pola Semana da Prensa na escola,  as clases de 4º e 5º de Primaria participamos nunha actividade na que recibimos a visita dun xornalista que traballa na Voz de Galicia, Jorge Noya.

En primeiro lugar contounos en que consiste un periódico, cales son as súas seccións e como se organizan e outras moitas curisiodades relacionadas co seu traballo.

A continuación, en grupos, realizamos unha noticia a partir dos titulares que nos repartiu Jorge. Todos eles estaban relacionados co noso municipio.

Podedes ver algunhas fotos que resumen o que fixemos durante a actividade a continuación.

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Semana da prensa
Distribuir contido


by Dr. Radut