Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Educación Física

Xogos Populares 4º EP

O xoves 23 de maio a clase de 4º de EP asistiu a unha Xornada de Xogos Populares en Gondomar.

Na actividade participaron os colexios do Val Miñor.

Deixamos unhas fotos e un vídeo que resumen o realizado durante toda a mañá.

VÍDEO

 

 

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Xogos populares 4º

SESIÓN DE BOLOS CELTAS

 

Esta semana o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Prima disfrutou dunha sesión de BOLOS CELTAS impartidas polos monitores Jairo e Leo da Federación Galega de bolos. Moitas grazas!!!

DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR

 

O pasado 29 de setembro conmemoramos no cole o DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR.Preténdese fomentar hábitos físicos e de hixiene saudables.

Sesións de xogos pola tolerancia, a igualdade e a non violencia de xénero.

As xogadoras dos equipos do plan de patrocinio de equipos de alta competición de Galicia visitaron o noso cole como REFERENTES á hora de poñer en valor a importanica do deporte como medio de fomento da actividade física saudable, como medio de socialización e cohesión social e como ferramenta de loita pola tolerancia, a igualdade e a non violencia de xénero no deporte e, na vida.

Presentaron xogos ao alumnado de 5º EP que evocan a desigualdade de xénero no deporte para invitarlles á reflexión.

Álbum: Curso 2022-2023 -> xogos igualdade

Surf en Patos

O pasado 19 de maio o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria visitamos a

Escola de Surf de Patos.

Pasárono moi ben e disfrutaron moito!

Álbum: Curso 2022-2023 -> Surf en Patos

Xogos Cooperativos en Educación Física

No noso cole traballamos os Xogos cooperativos nas clases de Educación Física.

O obxectivo a conseguir depende de todo o grupo. 

Cooperar e non competir traballando as relacións interpersoais e o concepto de grupo cohesionado e unido.

Álbum: Curso 2022-2023 -> EF - Xogos cooperativos

Programa XOGADE

Dentro do Programa Xogade da Xunta de Galicia, o noso alumnado de 5º de Primaria participa en tres sesións de Iniciación ao Voley impartidas polo monitor Santiago.

Na cuarta sesión participaremos con outros centros nunha xornada de convivencia de dito deporte no IFEVI.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Programa XOGADE

xogos cooperativos

O alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria realizaron varios Xogos cooperativos.

Neles todos e todas somos imprescindibles para lograr o obxectivo final.

Álbum: Curso 2022-2023 -> EF - cooperativo

Actividade con Bicicletas

O xoves pasado estino no noso colexio de novo, un ano máis, o campión de ciclismo Aser Estévez.

Fixemos un circuito e pasámolo moi ben.

Na actividade participaron o alumnado de cuarto, quinto e sexto de Primaria.  

 

Álbum: Curso 2022-2023 -> Bicis

BOLOS CELTAS

Na semana do 21 ao 25 de novembro tivemos o pracer de gozar dunhas

sesións de Bolos Celtas impartidas por  LEO, unha xogadora de Camos.

Forma parte da Federación Galega de Bolos patrocinada pola Secretaría Xeral do Deporte e do programa Xogade.

Os nenos e nenas desfrutaron moito e mostraron un grande interese por este deporte popular galego.

Leo lembrounos a historia dos Bolos Celtas, as súas variedades e as técnicas necesarias para poder xogar e competir. Informounos de que a Federación está a subvencionar as pedras e as redes de protección para confeccionar un campo de xogo nos colexios que así o soliciten e en iso estamos para o noso CEIP. Os xogos populares forman parte do currículo da materia de Educación Física e contar cunha xogadora dese nivel é unha experiencia inesquecible para todos e todas.

Moitas grazas Leo! Agardamos volver a verte moi pronto!

Álbum: Curso 2022-2023 -> BOLOS CELTAS
Distribuir contido


by Dr. Radut