Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Febreiro 2020

BIBLIOTECA CREATIVA

 

Na biblio do CEIP Fontes Baiña sempre estamos maquinando...por iso propuxemos a rapazada a realización dun prototipo de agasallo para tod@s aqueles que nos veñen visitar como o caso da ONCE, SEPRONA...que veñen de valde, sería fantástico poder entregarlles algo de recordo e feito por nós.

Aquí deixamos todos os agasallos feitos polos alumnos e alumnas do cole....podedes velos na biblioteca!!!!!!!. 

 

DIA DOS USUARIOS DE BIBLIOTECA

O pasado 31 de Xaneiro realizamos na biblio da man das biblioaxudantes unha xornada ben interesante na cal coñecemos moitas cousiñas sobre a organización da biblioteca: a CDU que é e en que consiste, as diferentes temáticas para organizar os materiais, como podemos atopar un libro ou xogo, como solicitar materiais novos, como facer un empréstito e de paso presentamos a rapazada que vai axudar na biblio neste curso 2019-20.

 

 

 

 

 

 

 

ATRAPASOÑOS PARA A PAZ

Co gallo do DIA DA PAZ no cole estivemos a tope de traballo na elaboración duns ATRAPASOÑOS que quedaron ben bonitos ....cada un deles versa sobre un tipo de PAZ....PAZ ca natureza, PAZ cun mesmo, premios nobel da PAZ, lugares para a PAZ,música para a PAZ  .....é moi certo que exísten moitos tipos de PAZ. 

Ademais un deles fíxose sobre a Ilustración e Ilustrador@s galeg@s porque ese mesmo día 30 de Xaneiro tamén é o DÍA INTERNACIONAL DA ILUSTRACIÓN. 

Aquí tedes unhas instanténeas dos ATRAPASOÑOS e dos libriños que propuxemos como proposta lectora nestes días ...ahhhh!!!! por certo os nosos compañeiros do CPI Cova Terreña tamén participaron activamente realizando os seus ATRAPASOÑOS

 

 



by Dr. Radut