bibliotecas

 

 

DIA DOS USUARIOS DE BIBLIOTECA

O pasado 31 de Xaneiro realizamos na biblio da man das biblioaxudantes unha xornada ben interesante na cal coñecemos moitas cousiñas sobre a organización da biblioteca: a CDU que é e en que consiste, as diferentes temáticas para organizar os materiais, como podemos atopar un libro ou xogo, como solicitar materiais novos, como facer un empréstito e de paso presentamos a rapazada que vai axudar na biblio neste curso 2019-20.