Skip to Content

 

   

TIC

PLAN DIXITAL DE CENTRO

Os centros educativos crearán un Plan Dixital segundo a Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021 2022.

 

Calendario:

  • Curso 2021-2022: elaboración do Plan Dixital de centro.
  • Curso 2022-2023: implementación e aplicación do plan dixital.

Proceso a seguir:

  • Realizar unha análise da situación do centro en dous eixes SELFIE e Test de Competencia Dixital Docente.
  • Realizar a diagnose da situación do centro
  • Elaboración do plan.

Equipo de Dinamización do Plan Dixital:

  • Dirección do centro.
  • Un membro do claustro que actuará como coordinador/a.
  • Máis profesorado si se estima necesario.

 

Aprobación por parte do Consello Escolar no último trimestre do curso 2021-2022 unha vez oído ao Claustro.

WEB de recursos e información.

 

FALEMOS EDUCACIÓN

Xa está dispoñible a nova app para videoconferencias da Xunta de Galicia FALEMOS EDUCACIÓN.

O profesorado tedes o manual no seguinte link

BLINK LEARNING

Videotitoriais para crear e usar BLINKLEARNING

ABALAR FOLLETO 2019-2020

Na seguinte ligazón tedes un folleto explicativo para as familias sobre o “Proxecto Educación Dixital Innovadora

O teléfono de 

Soporte Premium E-Dixgal: 881 86 99 00

XERADOR DE UNIDADES DIDÁCTICAS INTEGRADAS

Óscar Abilleira Muñiz pon a disposición do profesorado unha ferramenta online para crear UDIs chamado PROGRÁMAME. 

 

Prográmame é unha aplicación online, dentro das dispoñibles na web recursoseducativos.net, destinada a facilitar a creación de Unidades Didácticas Integradas e outros documentos de programación, avaliación e cualificación, automatizando algunhas partes do proceso, empregando para elo o currículum oficial de Galicia.

APP ADDITIO (CADERNO DE NOTAS PARA O PROFESORADO)

Existe unha nova APP no mercado que nos pode simplificar o traballo dentro da aula, chámase Additio e existe para iOs e Android. 

Botádelle unha ollada por si vos pode interesar. 

Podedes probar unha versión limitada nos seguintes stores:

Additio App iPad downloadAdditio App Google Play for Android

 

E aquí tedes o canal de Youtube e un pequeno manual para ir empezando. 

NAVEGA CON RUMBO

O vindeiro 10 de febreiro os nenos/as de 5º e 6º participarán nunha charla informativa sobre o uso de internet.

Visitade a páxina web e botádelle unha ollada ás gúías para pais, nenos/as e profesores/as

   

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut