Skip to Content

 

   

Escolares, Complementarias, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Ed. infantil, Idioma estranxeiro, Matemáticas

SOLUCIONAR PROBLEMAS CO APLICATIVO COLECHEF

Para poder solucionar o problema relacionado co rexistro no aplicativo ColeChef a empresa solicita que enviedes un correo electrónico ao enderezo galicia@serunion.elior.com coa vosa consulta ou chamar aos teléfonos 630363844 ou 986453040.

DEPORTE E EXERCICIO

ASOCIACIÓNS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE FERROL

Dentro dos programas de vida saudable inclúense aspectos como a alimentación, a hixiene e o deporte como eixos fundamentais do benestar dos nenos e nenas, por iso dende o colexio e en colaboración co Concello de Ferrol non queremos deixar de dar cabida a iniciativas que melloran a vida da nosa comunidade. 

Aquí vos deixamos vínculos ás páxinas das entidades que solicitaron a nosa colaboración:

 

 Xornadas de portas abertas 2021 

 

 

 

MÁSTER DE ZANCOS 2021

Imos poñer en marcha unha nova edición do MÁSTER DE ZANCOS.

As 10 probas que podedes intentar son:

  1. Colocarse enriba dos zancos apoiado na parede e contar dez.
  2. Igual que antes pero camiñar cara atrás ata que os talóns toquen a parede.
  3. Desde a parede camiñar cinco pasos cara adiante.
  4. Igual que antes pero cinco pasos adiante e cinco cara atrás.
  5. Camiñar 30 pasos sen caer.
  6. Subir aos zancos sen axuda da parede e camiñar.
  7. Sobrepasar barreiras de zancos no chan.
  8. Camiñar e permanecer quedos dentro dun círculo contando ata dez.
  9. Subir e baixar un escalón.
  10. Camiñar cos zancos de perna.

Aquí tedes un vídeo explicativo

 

XANELA ABERTA Á FAMILIA

A Consellería de Sanidade presenta o portal web “Xanela aberta á familia” e a guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”.

Esta guía achega información, ideas e estratexias para acadar un axeitado patrón alimentario tanto no ámbito familiar como nos centros educativos.

 

 

 

Guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”: ligazón

O MOUCHO BAILA

Aquí queda o baile do MOUCHO BAILA.

NON A VIOLENCIA 2020

Este ano os nenos e nenas do noso colexio fixeron en cada clase o seu RAP para visibilizar este día. 

   

 

 

 

 

 

 

 

MENÚ DE SETEMBRO 2020

O menú de setembro está no adxunto.

INSCRICIÓN PARA O COMEDOR ESCOLAR 2020-2021

Estimadas familias este ano ante a situción sanitaria ocasionada pola COVID o servizo de comedor (almorzo e xantar) será únicamente de uso par os COMENSAIS FIXOS de xeito que se poida facer un uso seguro do/s espazos habilitados para o servizo.

Adxunto tedes a información e o FORMULARIO de inscrición que debedes cubrir e enviar por correo electrónico á empresa Serunión ao correo electrónico galicia@serunion.elior.com ou ao fax 986454013.

É importante que dito formulario sexa enviado  72 horas lectivas antes do uso do comedor para que poida usar o servizo.

Características do servizo:

  1. Almorzo: 07:30 a 08:50
  2. Xantar: 14:00 a 15:30

As familias que teñades BECA DE COMEDOR debedes solicitar o servizo igualmente cumprimentando o formulario e enviando o mesmo ao correo electrónico de arriba.

ACTIVIDADES DIVERTIDAS DE CIENCIAS NATURAIS 3º

BO DÍA A TODOS E TODAS, POR AQUÍ VOS DEIXO UN PAR DE GENIALLYS DE CIENCIAS NATURAIS, A VER QUE TAL SE VOS DAN OS DARDOS.

SORTE E PUNTERÍA!!!

A ENERXÍA E A MATERIAGuay

 

OS ALIMENTOSSorriso

 

SAÚDOS!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut