Emprego do panel como pizarra

  O software da pizarra

    

O software da pizarra (Consello)


Consello

 

ConselloO panel interactivo incorpora un intuitivo software de pizarra coas seguintes características:

  • Excelente resposta na función interactiva, o que asemella a escritura no panel de xeito moi significativo á escritura convencional.
  • Posibilidade de escritura cos dispositivos sinaladores subministrados ou directamente co dedo (pódese empregar calquera outro elemento para escribir no panel).
  • Posibilidade de configuración de 2 modos de escritura, en función do grosor da punta empregada, con posibilidade de personalización de cores e tipo de punta. En xeral, a escritura co dedo detectarase como lapis de punta grosa.


    puntas bolígrafo


  • Recoñecemento de xestos multitáctiles.
    • Posibilidade de escritura ata 20 puntos táctiles en función do sistema operativo.
    • Pode empregarse o puño para o borrado. É posible configurar o grosor do borrador:

      Grosor borrado



  • Posibilidade de borrado mediante selección de trazos.
  • Posibilidade de empregar ferramentas de debuxo (Gobernante).


    Gobernante

  • Posibilidade de empregar diferentes fondos con cores personalizadas desde a opción Menú.

fondos pizarra


  • Posibilidade de empregar figuras xeométricas 2D e 3D.
    • Recoñecemento de figuras debuxadas a man alzada mediante a icona recoñecemento de formas

      formas


  • Ferramentas de creación de mapas mentais e outros elementos con posibilidade de escritura intelixente, de xeito que o panel é capaz de recoñecer a escritura a man alzada como obxecto vectorial. Os pasos serían os seguintes:
    • Escritura a man alzada do texto.
    • Selección coa icona do cursor do perímetro do escrito
    • Premer en SmartWrite.

      escritura inteligente


mapas

  • Posibilidade de traballar con táboas.

    táboas


  • Posibilidade de incorporar notas adhesivas.

    nota adhesivas

  • Incorporación da funcionalidade de rotafolios dixital con posibilidade de almacenamento en diversos formatos: Imaxe, PDF, SVG, IWB.

    Salvado da información




icono-recordar.png

Debes ter en conta que ...

A interacción táctil co panel non se produce polo contacto físico entre o dedo ou dispositivo sinalador coa pantalla senón pola detección dos sensores dos marcos de infravermellos horizontais e verticais que incorpora o panel, polo que resulta conveniente que ditos marcos (en especial o inferior) non acumulen po ou sucidade. 





 

Última modificación: Xoves, 2 de Marzo de 2023, 16:43