Duplicación sen fíos desde outros dispositivos mediante ScreenShare

  Duplicación sen fíos desde outros dispositivos mediante ScreenShare

    

ScreenShare (compartición de pantalla)

 

  • O panel interactivo dispón do software ScreenShare para realizar a compartición sen fíos desde outros dispositivos. Permite tanto a duplicación de pantalla como o envío de ficheiros.
    • No caso de duplicación de pantalla, ScreenShare permite reflectir no panel a imaxe de ata 4 dispositivos.
    • Os dispositivos duplicadores deberán estar conectados á mesma rede que o panel. A recomendación é habilitar o panel como punto quente (hotspot) e conectar os clientes á rede compartida.
  • Desde o dispositivo duplicador será preciso a descarga do software cliente (Windows, Mac, Android, IOS) desde o seguinte enderezo web: https://www.meeting-vip.com/share. A versión para a maqueta Abalar pódese obter directamente no seguinte enlace.


ScreenShare proporciona un código de compartición para vincular os dispositivos cliente ao panel.

  • Este código pode configurarse de xeito que sexa sempre visible na pantalla. No caso de resultar molesto, é posible desprazar o código simplemente mediante arrastre a outra zona da pantalla.

código compartición

  • Premendo no código despregarase a seguinte imaxe, que amosa información sobre a configuración do hotspot (nome da rede sen fíos e contrasinal) e posibilidade de escaneo de código QR para duplicación desde un dispositivo móbil.

qr 

  • Como xa se indicou con anterioridade, é posible ocultar o código en caso de non ser necesaria a duplicación. Para ocultar desde esta mesma pantalla, facer click en Detailed tutorial. Na pantalla que se amosa, facendo click na roda dentada é posible ocultar o código desmarcando a opción Show screen code.

pantalla con código

Quitar código



  • Unha vez desmarcado, para volver a facer visible o código na pantalla en calquera momento será preciso lanzar a aplicación ScreenShare.


    

Procedemento de conexión desde Linux Maqueta Abalar

 


1. Paso previo. Configuración do cliente

O software cliente para a maqueta Abalar é un ficheiro appimage, polo que non precisa instalación no sistema. Simplemente bastará con outorgar permisos de execución.

  • Botón dereito do rato sobre o nome do ficheiro.
  • Seleccionar Permisos.
  • Marcar o check "Permitir a execución do ficheiro como un programa".
    • Esta configuración quedará establecida de xeito permanente, polo que non será preciso repetir este paso no futuro agás no caso de desmarcado da opción indicada.

maxhub



2. Compartición de información:

  • Executar o ficheiro anterior (doble click) e introducir o código de compartición amosado na pantalla. 
    • A opción Auto sharing when connected permite compartir directamente a pantalla. Se non se marca, o sistema ofrecerá a posibilidade de compartir a pantalla (Content) ou transferir ficheiros (File Trans) entre o dispositivo e o panel.
  • Facer click en Click to Connect

introdución código


ready



3. Duplicación do contido (Click to share Content):

  • No parte superior do equipo aparecerá a seguinte imaxe, con indicación do panel ao que está conectado e a intensidade do sinal sen fíos para duplicación.
  • A opción "Content" incorpora un despregable que permite duplicar o escritorio completo ou unha ventana en concreto.
  • A opción "Pause" permite interromper a duplicación de xeito momentaneo sen pechar a conexión. Esta opción pode ser útil por exemplo no momento de introdución de contrasinais.
  • A opción "Stop"  pecha de xeito definitivo a conexión establecida para a duplicación. (Para volver a conectarse sería necesario volver a introducir o código de compartición).
  • A opción "DND mode" (Do Not Disturb) impide a aparición na imaxe duplicada das posibles notificacións das aplicacións instaladas no sistema.
  • A opción "Touch" permite o control inverso do dispositivo, de xeito que calquera interacción no panel sobre a imaxe duplicada do dispositivo implica actuar sobre o propio dispositivo.
    • A bidireccionalide das interaccións (control inverso) require dunha configuración adicional que se detalla no punto 5.

uinput



4. Transferencia de arquivos (File Trans):

  • No caso de transferencia de arquivos (File Trans), engadiranse os ficheiros facendo click en Click to add files e finalmente premendo en Send.
  • Aparecerá unha mensaxe na parte superior dereita do panel indicando a solicitude de compartición e a posibilidade de consentimento.
  • Os ficheiros enviados almacenaranse na memoria do panel na ruta: /FileShare

filetransfer




5. Habilitación do control inverso na maqueta Abalar libre

  • Descargar o arquivo "uinput.conf"
  • Abrir un terminal e iniciar sesión como root:
    • Teclear o comando su (Intro).
    • Introducir o contrasinal (Intro).
  • Supoñendo que o ficheiro uinput.conf se gardou no cartafol Descargas, situarse no directorio Descargas mediante o comando:
    • cd Descargas (Intro)
  • O seguinte paso é copiar o ficheiro anterior á ruta /etc/modules-load.d:
    • cp uinput.conf /etc/modules-load.d/
  • Cambiar os permisos do ficheiro para permitir o acceso dos usuarios:
    • chmod 0777 /dev/uinput
  • Executar novamente maxhubscreenshare: agora xa debería funcionar o control inverso (touchback)
NOTA: o comando chmod 0777 /dev/input non é persistente, polo que sería necesario volver a lanzalo unha vez reiniciado o equipo.





Procedemento de conexión desde Windows


1. Paso previo. Configuración do cliente

2. Compartición da pantalla

  • Execución da aplicación cliente no dispositivo.
  • Introdución do código de compartición de ScreenShare que se amosa na pantalla do panel.
  • Posibilidade de escoller entre duplicación de escritorio e pantalla de expansión
    • Modo escritorio: permite a duplicación en espello da pantalla do dispositivo  no panel.
    • Modo pantalla de expansión: permite traballar en modo extendido, de xeito que o panel funciona como un segundo monitor.
  • Previsualización (Preview) > Click para compartir

pantalla MaxHubShare



maxhubshareWindows



3. Transferencia de arquivos

  • Seleccionar na pantalla anterior "Transferencia de archivos".
  • Engadir os ficheiros na zona especificada (ver imaxe)



Transferencia de arquivos MaxhubShare Windows


  • O panel pedirá confirmación para a recepción do arquivo.
    • Os ficheiros enviados almacénanse na memoria interna do panel na ruta: /FileShare




Procedemento de conexión desde dispositivos móbiles Android e IOS


  • Pódese instalar directamente a aplicación ScreenShare desde a tenda oficial (Play Store/App Store). Tamén é posible facelo mediante o escaneo directo do código QR anterior.
qr
  • Nos dispositivos móbiles con Android/IOS:

    • Non funciona o control inverso: a interacción co panel non implica en ningún caso interactuar sobre o dispositivo duplicador.
    • A duplicación de imaxe funciona perfectamente
    • O son funciona con determinadas aplicacións. (Por exemplo Youtube).


   

Android

 

  • Unha vez instalada a app o usuario disporá dunha serie de funcións para duplicación (as funcionalidades poden variar en función da versión de Android do dispositivo duplicador):

    • Espello de pantalla: realiza a duplicación da pantalla do dispositivo no panel.
    • Reproducir vídeos: permite reproducir na pantalla do panel un vídeo almacenado na memoria local do dispositivo.
    • Presentar fotos: permite visualizar na pantalla do panel unha selección de imaxes almacenadas na memoria local do dispositivo.
    • Compartición de arquivos: permite o envío de arquivos desde o dispositivo á memoria interna do panel. Os arquivos transferidos almacénanse na ruta: /FileShare
    • Pantalla remota: permite realizar a compartición de pantalla de xeito inverso, de tal forma que na pantalla do dispositivo visualizarase a pantalla do panel.
    • Cámara compartida: permite ver no panel en tempo real a visualización da cámara do dispositivo.

Android



   

IOS

 

  • No caso de dispositivos con IOS existe posibilidade de compartición vía AirPlay ou mediante app (escaneo do código QR anterior).





icono-recordar.png

Debes ter en conta que ...

Se non se vai a traballar con duplicación de pantalla recoméndase ocultar o código de compartición para non perder espazo de visualización no panel.

Para impedir a duplicación de pantalla a posibilidade máis cómoda é desactivar o hotspot do panel.

Na duplicación de pantalla sen fíos con dispositivos coa maqueta Abalar e Windows:

    • A duplicación de imaxe e son funciona perfectamente.
    • Posibilidade de control inverso: de xeito que a interacción co panel implica interactuar sobre o dispositivo duplicador (bidireccionalidade).

En dispositivos móbiles con IOS/Android non é posible o control inverso.





 

Última modificación: Luns, 10 de Abril de 2023, 20:45