A barra de sistema do panel

  A barra de sistema do panel

    

A barra de sistema do panel

 

Como xa se indicou con anterioridade, nos laterais (e opcionalmente na parte inferior) de calquera pantalla do panel interactivo amósanse unhas iconas idénticas expandibles e colapsables que dan acceso á barra do sistema, que inclúe as opcións de xestión e configuración do sistema operativo Android do panel.

  • O acceso á barra do sistema na parte inferior do panel pode configurarse na ruta: Configuración > Persoal > Cambiar as opcións no fondo (Barra lateral inferior)



Barra inferior do sistema


Ditas opcións aparecen agrupadas en 3 niveis orientados á xestión e administración de tarefas, xestión e administración de aplicacións e acceso ás denominadas ferramentas pequenas (utilidades que poden resultar de interese para o seu emprego nunha aula).


barra do sistema


    

Barra de sistema: Xestión e administración de tarefas

 

  • VolverBack (Atrás): Permite retroceder á última interface operativa
  • HomeHome (Inicio): Minimiza todas as aplicacións abertas e leva á pantalla de inicio do panel
  • backstageBackstage (Entre bastidores): Administrador de tarefas que amosa tanto as fontes de entrada como as aplicacións abertas, permitindo a súa selección ou peche.
  •     


    Barra de sistema: Xestión e administración de aplicacións

     

  • ConselloNote (Consello): Software de pizarra dixital
  • FinderFinder (Procurador): Xestor de ficheiros
  • navegadorBrowser (Navegador): Navegador
  • Todas as aplicaciónsAll Apps (Todas as aplicacións): Todas as aplicacións instaladas no sistema
  • ConfiguraciónSettings (Configuración): Axustes de configuración do sistema operativo


    É posible personalizar a barra de xestión e administración de aplicacións seleccionando aquelas de uso máis común, simplemente despregando a icona de todas as aplicacións e arrastrando a nova aplicación á zona desexada.




  • aplicacións


        

    Barra de sistema: Ferramentas pequenas (utilidades)



ferramentas pequenas



  • MenúMenu (Menú) Amosa todas as fontes de entrada (Android, OPS, HDMI, VGA...) así como axustes de audio (volume), e visualización de pantalla (brillo)
  • EscrituraMark (Marcar): Permite debuxar directamente na pantalla, tomar notas sobre o contido visualizado e incluso compartir o contenido mediante un código QR ou gardalo na nube.
  • rexistro Rexistro: Permite a grabación de pantalla con son. Para a recollida do son é preciso ter a webcam conectada, xa que emprega o micro da cámara.  

    A imaxe almacénase co nome de ficheiro "Data_hora.mp4" na ruta: /

    Record

  • Conta atrásStopwatch (Temporizador) Conta cara atrás (descendente) dun intervalo de tempo especificado
  • MoreMore (Mais):  Amosa todas as ferramentas incluídas no sistema operativo
  • RecortarCrop (Cultura - Recortar):  Permite realizar capturas de pantalla con opción de selección en modo libre, pantalla completa ou unha determinada ventana. Ofrece e posibilidade de almacenamento directo ou inserción no software de pizarra para a súa edición. No caso de almacenamento a imaxe gárdase nun cartafol coa data da imaxe tomada na ruta: /Notes/Mark

  • TimerTimer (Cronógrafo): Conta desde cero (ascendente) para medir o tempo transcorrido
  • Airclass AirClass: Permite que o profesorado invite ao alumnado a unirse a unha dirección web con diversas posibilidades de votación, enquisa, selección, mensaxería e outras actividades. É importante suliñar que en ningún caso é preciso introducir información de carácter persoal que poda infrinxir a Lei de Protección de Datos. (Pagar=Aceptar: non implica facer ningún pago).

airclass

  • FocoSpotlight (Destacar): Permite centrar a atención en zonas concretas da pantalla, coa opción de axustar a opacidade.
  • ConxelarFreeze (Xear -Conxelar): Permite conxelar a imaxe actual con posibilidade de zoom. Pode resultar interesante no momento de introducir contrasinais.
  • PIP PIP: Permite visualizar simultaneamente máis dunha fonte de entrada na pantalla do panel. A modo de exemplo, a seguinte imaxe amosa o OPS acendido mentres se navega co buscador do Android.

PIP

  • split Split-screen (Pantalla dividida): permite amosar dúas aplicacións distintas no modo pantalla dividida.
  • Blquear pantallaScreenLock (Bloqueo de pantalla): Permite o bloqueo da pantalla e o seu desbloqueo mediante a introdución dun contrasinal configurado en Axustes


É posible configurar a barra de ferramentas pequenas seleccionando aquelas de uso máis común, personalizando un máximo de 4 utilidades máis a icona More (Máis) que da acceso ao resto.

  • Na barra de ferramentas pequenas -> Facer click en "More"
  • Manter pulsada a icona e esperar a que apareza un signo "-" para eliminar a ferramenta
  • Engadir a nova ferramenta co signo "+"



ferramentas pequenas personalizadas




icono-recordar.png

Debes ter en conta que ...

As utilidades incluídas na barra de ferramentas pequenas están dispoñibles para todas as fontes de entrada do panel: OPS, HDMI...




 

Última modificación: Luns, 13 de Marzo de 2023, 13:26