PANEIS DIXITAIS INTERACTIVOS Dixitalización de aulas no marco do proxecto Abalar |
|
Os paneis dixitais interactivos veñen a substituír os tradicionais kits de aula dixital compostos por unha pizarra dixital interactiva, un videoproxector, un ordenador de aula e altofalantes, xa que integran completamente as funcionalidades anteriores e supoñen unha mellora significativa das mesmas.
O alcance da dotación comprende todas as aulas de referencia de centros públicos de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato, así como de ensinanzas de réxime especial, a través dos concursos de equipamento AMT-2021-0041 e AMT-2022-0099.
O expediente de contratación AMT-2021-0041 para dixitalización de aulas en centros educativos públicos consiste na dotación e instalación dos seguintes elementos:
- Panel interactivo de 75 polgadas, resolución 4K, modelo TafelTech L75EG (Android 11, 4GB RAM, 32GB almacenamento interno).
- Módulo OPS integrado (procesador i5, RAM 16 GB, 256 GB SSD).
- Webcam (MaxHub UC W11).
- Teclado con touchpad sen fíos (Logitech K400 Plus).
O expediente de contratación AMT-2022-0099 para dixitalización de aulas en centros educativos públicos consiste na dotación e instalación dos seguintes elementos (adicionalmente envíase un portátil de aula):
- Panel interactivo de 86 polgadas, resolución 4K, modelo Kok educativa 86 (Android 11, 8GB RAM, 64GB almacenamento interno).
- Webcam (MaxHub UC W11).
- Teclado con touchpad sen fíos (Logitech K400 Plus).
Características técnicas do panel de 75 polgadas e do módulo OPS integrado (AMT-2021-0041) Características técnicas do panel de 86 polgadas (AMT-2022-0099) Funcionamento autónomo e con conexión a dispositivos externos Primeiros pasos Aplicacións instaladas no panel. Instalación de novas aplicacións Configuración da saída HDMI OUT do panel Conexión de auriculares no panel Duplicación sen fíos Actualización do software do panel Documentación adicional