Configuración da saída HDMI OUT do panel

  Configuración da saída HDMI OUT do panel

    

Configuración da saída HDMI OUT do panel

 

Dado que o panel interactivo realiza simultaneamente as funcións de videoproxector, pizarra dixital e ordenador (ben con Android ou ben co módulo OPS), a configuración típica dunha aula na que a mesa do profesor está a carón da pantalla pode non acomodarse ás necesidades habituais de traballo nunha clase, onde habitualmente o profesor dispón dun monitor no que pode espellar a imaxe proxectada sen necesidade de estar situado fisicamente enfronte do panel.

Para estes casos, pode resultar práctico conectar un monitor á saída HDMI OUT do panel, de xeito que o profesor desde a súa mesa poda ver e escoitar o que está proxectando de xeito cómodo e sen necesidade de desprazarse. Convén ter en conta as seguintes consideracións:

  • O monitor a conectar debe ter entrada HDMI.
  • Recoméndase que a resolución do monitor sexa FULL HD (1080p), correspondente a un formato de visualización de alta definición 16:9 cunha resolución 1920x1080px, para evitar posibles distorsións na duplicación do sinal de vídeo.
  • O emprego dun monitor externo permite duplicar a visualización da pantalla do panel no monitor tanto en modo Android como en modo OPS, sen posibilidade de traballar en modo estendido en ningún caso.
  • Dado que o cable HDMI transporta tanto sinal de audio como de vídeo, se o monitor dispón de altofalantes será posible escoitar tamén o son no propio monitor con independencia dos altofalantes do panel. Se non dispón de altofalantes, unicamente será posible visualizar a imaxe.


CONFIGURACIÓN DA SAÍDA HDMI OUT

Menú Configuración  > Sistema > Entrada e saída >  Configuración do visor da fonte externa > Formato de saída HDMI

  • Recoméndase a configuración da imaxe FULLHD- 1920x1080px (60Hz): 1080_60Hz


hdmi




icono-recordar.png

Debes ter en conta que...

O emprego de monitores externos conectados á saída HDMI OUT do panel permiten reflectir a modo de espello a imaxe da fonte de entrada seleccionada (Android ou OPS) no monitor, non sendo posible a configuración en modo estendido.

No caso do OPS recoméndase cambiar a resolución a FULLHD (1080p) en lugar de 4K.

Con independencia do anterior, é posible traballar co módulo OPS en modo estendido, conectando a saída HDMI específica do OPS ao monitor (Non confundir coa saída HDMI OUT do panel, que da servizo tanto ao Android como ao OPS).




 

Última modificación: Martes, 14 de Marzo de 2023, 19:13