Limpeza da pantalla do panel

  Limpeza da pantalla do panel

  


 Consellos para limpeza e desinfección

 

A interacción co panel deixará rastros de sucidade na superficie como consecuencia das pegadas de dedos, po e outros elementos.

Para asegurar unha correcta limpeza e desinfección sen causar danos ao panel:

  • Deberanse utilizar sempre panos sen pelusa (ou de microfibra).
  • Empregaranse unicamente produtos específicos para limpeza de pantallas de dispositivos electrónicos.


A continuación ofrécense unha serie de recomendacións para a limpeza da superficie da pantalla táctil do panel:

 
  1. Apagar o sistema e desconectalo da toma de corrente.
  2. Humedecer o pano de microfibra coa solución ou produto de limpeza
  3. Limpar a superficie da pantalla con movementos circulares suaves para eliminar a sucidade e os residuos do cristal táctil.
  4. Utilizar un pano seco de microfibra para secar suavemente a pantalla.
  5. Unha vez efectuados os pasos anteriores volver a conectar a alimentación eléctrica do panel.




icono-recordar.png

Debes ter en conta que ...

Unha vez apagado o panel, é conveniente eliminar calquera resto de electricidade estática tocando o marco metálico do panel.

Débese evitar exercer presións fortes sobre o cristal da pantalla do panel, en especial con obxectos punzantes que podan danar o cristal.

En ningún caso debe aplicarse a solución de limpeza directamente sobre a pantalla. O líquido podería filtrarse polas esquinas, o que podería derivar na aparición de puntos negros na pantalla ou incluso dar lugar a un funcionamento incorrecto.

O emprego de produtos limpadores non aconsellados (como por exemplo a base de amoníaco) poden destruír a membrana da pantalla e causar decoloracións permanentes.

O emprego de toallas de papel ou telas abrasivas, tanto para limpeza como para secado, poden provocar pequenos danos na pantalla táctil.

Para a limpeza do marco de infravermellos pode empregarse un cepillo suave.


 

Última modificación: Domingo, 26 de Febreiro de 2023, 11:50