Aplicacións preinstaladas

  Aplicacións preinstaladas

    

Aplicacións preinstaladas



all apps 


O panel interactivo proporciónase cunha serie de aplicacións instaladas por defecto que convén non eliminar:

  • Cambiar a: permite mudar a fonte de entrada do panel.
  • Buscador: navegador web.
  • BytelloClass: software incluído coa mostra para crear leccións e interactuar co alumnado.
  • BytelloDMS: software de xestión centralizada do panel.
  • Configuración: permite acceder a todos os axustes do dispositivo.
  • Consello: aplicación que simula unha pizarra no panel.
  • GetStore: software de instalación de Google Play Store.
  • Optimizar: ferramenta de mellora do rendemento do dispositivo.
  • Paleta: software de debuxo no panel
  • Procurador: xestor de ficheiros do dispositivo.
  • ScreenShare: software que permite a duplicación sen fíos desde outros dispositivos
  • Unidade Cloud: permite o almacenamento na nube previa configuración.
  • Visor: aplicación que permite lanzar a webcam con diversas opcións de configuración. Permite tomar fotografías, que se almacenarán na ruta /VideoPresenter/photograph/ (crearase un cartafol de xeito automático co nome da data na que foi tomada a imaxe).
  • WPS Office: software de creación e edición de documentos ofimáticos.
  • Play Store: permite a instalación de aplicacións (apps Android) desde a tenda oficial de Google.




icono-recordar.png

Debes ter en conta que ...

Ao tratarse o panel dun dispositivo compartido nunha aula, debemos ser moi coidadosos coa información que se almacena no mesmo. En caso de empregar a unidade Cloud, non deixar nunca a sesión aberta nin o contrasinal memorizado.

Podes ampliar a información sobre o sistema operativo do panel e as aplicacións instaladas no Manual do software do panel interactivo (fabricante)




 

Última modificación: Mércores, 1 de Marzo de 2023, 13:42