Conexión a internet do panel

  Conexión a internet do panel e do OPS

  


O menú Configuración > Rede e Conectividade permite a configuración, entre outras opcións, da rede sen fíos (WI-FI) e da rede cableada (Ethernet).


rede


 Configuración da rede cableada (Ethernet)

 

  • O panel conta con dúas rosetas RJ-45 na parte inferior.
    • Un cable de rede conectado a calquera das rosetas dará servizo tanto ao módulo Android coma ao módulo OPS
  • No caso de existencia dun servidor DHCP (IP dinámica), simplemente será preciso marcar o check "Obter o enderezo IP automaticamente".

ehernet dinámica

  • Desmarcando o check anterior será posible establecer a configuración de xeito manual.

Ethernet fija



 Configuración da rede sen fíos edu.xunta.gal

 

  • A conexión do panel á wifi edu.xunta.gal requirirá a creación dunha conta de dispositivo específica para dito panel.


wifi

  • Premendo sobre a rede detectada será posible configurar os parámetros de conexión. A seguinte imaxe amosa a configuración da conexión do panel á rede sen fíos edu.xunta.gal.


wifi1

wifi2




icono-recordar.png

Debes ter en conta que ...

Os conectores de rede RJ-45 específicos do panel permiten a conexión simultánea tanto do Android coma do módulo OPS cun único cable de rede. É posible empregar o porto RJ-45 non empregado para conectar a internet outro dispositivo diferente mediante cable (o panel cando está acendido ou en modo standby comportáse como un conmutador de rede de 2 portos).

Independentemente do anterior, o módulo OPS ten o seu propio conector RJ-45. Un cable de rede conectado a un porto RJ-45 do módulo OPS non dará servizo ao módulo Android.

Para a conexión á rede sen fíos edu.xunta.gal recoméndase a creación dunha conta específica de dispositivo para cada panel.

As configuracións das conexións cableada ou sen fíos do módulo OPS deberán realizarse de xeito independente ás establecidas para o módulo Android.


 

Última modificación: Martes, 14 de Marzo de 2023, 12:28