Skip to Content

 

   

Secretaría

Documentos de secretaría

ADMISIÓN 2024-2025

Con data 15 de maio de 2024 están publicadas as listaxes definitivas para o curso escolar 2024-2025.

A listaxe está dispoñible no taboleiro do interior do centro.

ADMISIÓN 2024-2025 - PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS

Con data 25 de abril de 2024 están publicadas as listaxes Provisonais de admitidos/as para o curso escolar 2024-2025.

A listaxe está dispoñible no taboleiro interior do centro.

PROCESO DE ADMISIÓN 2024-2025

 

Iníciase o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

 

HORARIO DE ENTREGA DE SOLICITUDES:

     luns a venres de 9 a 10 horas
venres de 13 a 14 horas
martes de 16 a 19 horas

 

 

CONCELLO DE FERROL - CONCELLARÍA DE BENESTAR SOCIAL

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PARA A A CONCESIÓN DE PRESTACIÓNS DE CARÁCTER ASISTENCIAL: AGASALLOS DE NADAL 2024. CONCELLO DE FERROL

1.- Obxecto Esta bases teñen por obxecto regular o procedemento para a concesión de axudas ( Agasallos de Nadal), destinadas ás familias do concello de Ferrol, nel empadroadas, que cumpran cos requisitos establecidos nestas bases e que teñan menores a cargo. A campaña vai dirixida aos menores empadroados en Ferrol que, á data da festividade de Reis da correspondente convocatoria, non teñan cumpridos 17 anos.

3.- Solicitudes e prazo Os/as solicitantes deberán presentar a súa instancia (Anexo I, II e III así como toda a documentación precisa ) no Rexistro Xeral do Concello ou tramitala por calquera das formas previstas no art. 16.4 da Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de 10 días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia e no Taboleiro de edictos da Sede electrónica municipal. As solicitudes presentadas fóra de prazo serán inadmitidas.

*As bases están no arquivo adxunto.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2023-2024

As actividades extraescolares comezarán o vindeiro 16 de outubro 2023.

A relación de actividades é a seguinte:

 

Os espazos onde se celebrarán as distintas actividaes están dispoñibles no adxunto.

INICIO DO CURSO 2023-2024

Estimadas familias, un novo curso comeza con novas ilusións e retos.

 

REUNIÓNS DE TITORÍA COLECTIVAS DE INICIO DE CURSO:

  • 4º Educación Infantil (3 anos)--> martes 5 de setembro ás 10:30  
  • 5º Educación Infantil (4 anos)-->   xoves 7 de setembro ás 12:00
  • 6º Educación Infantil (5 anos)--> venres 8 de setembro ás 10:30
  • 1º Educación Primaria ----------> mércores 6 de setembro ás 11:00
  • 2º Educación Primaria ---------->  xoves 7 de setembro ás 11:00
  • 3º Educación Primaria ----------> venres 8 de setembro ás 12:00
  • 4º Educación Primaria ---------->  xoves 7 de setembro ás 10:00
  • 5º Educación Primaria ---------->  mércores 6 de setembro ás 11:00
  • 6º Educación Primaria ----------> mércores 6 de setembro ás 10:00

 

ORGANIZACIÓN DO PRIMEIRO DÍA

  • O curso comeza o día 11 de setembro ás 9:00 ata as 14:00.
  • O alumnado de infantil accede pola porta de acceso 1 e o alumnado de educación primaria pola porta 3 (aquel alumnado que teña irmáns en infantil pode acceder pola porta 1). 
  • O horario de apertura de acceso ao centro é a partir das 08:50 exclusivamente para o alumnado, sendo vixiado o interior polo profesorado asignado. 
  • As familias poderán acceder a partir das 9:10  ao interior do centro por cuestións administrativas.
  • O alumnado de primaria terá un acto de benvida en usos múltiples, non precisando traer ningún material escolar para dita xornada.

 

HORARIO ANUAL DO ALUMNADO

NIVEL HORARIO ENTRADA HORARIO SAÍDA PORTA
4ºEI 9:05 13:45 1
5ºEI 9:00

13:50

1
6ºEI 9:00 13:55 1
1ºEP 9:00 14:00 3
2ºEP 9:00 14:00 3
3ºEP 9:00 14:00 3
4ºEP 9:00 14:00 3
5ºEP 9:00 14:00 3
6ºEP 9:00 14:00 3

 

COMEDOR ESCOLAR

  • Comezará o día 11 de setembro é deberá estar o alumnado apuntado no aplicativo Colechef con 48h de antelación (de luns a venres).

  • Importe
    Almorzo 1,84€
    Xantar 3,59€

  • O servizo de comedor terá as seguintes quendas:

    1. Servizo de almorzo de 7:30 a 9:00h. (o alumnado ten de horario límite para entrar ás 8:30)
    2. Servizo de xantar de 14:00 a 16:00h. (o monitorado fará dúas horas de saída: ás 15:15 e ás 15:45, aquel alumnado que asista ás actividades extraescolares será entregado ao monitorado de cada actividade).

    Para poder apuntarse ao servizo é preciso inscribirse a través do aplicativo COLECHEF.

 

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES (o alumnado levará a folla de inscripción nos vindeiros días)

  • Comezarán en outubro ata maio
  • Cada actividade terá unha duración de 90 minutos dende as 16:00 ata as 17:30.

    ACTIVIDADE

    ALUMANDO AO QUE SE DIRIXE

    DÍA DA SEMANA

    RECURSOS DO CENTRO

    1.

    Patinaxe: patíns [EI]

    4º, 5º e 6º Ed. Infantil

    Luns

    Pavillón

    2.

    Patinaxe: patíns [EP1-EP2]

    1º e 2º Ed. Primaria

    Martes

    Pavillón

    3.

    Patinaxe: patíns [EP3-EP6]

    3º, 4º, 5º e 6º Ed. Primaria

    Mércores

    Pavillón

    4.

    Debuxo e pintura [EI-EP2]

    4º, 5º e 6º Ed. Infantil

    1º e 2º Ed. Primaria

    Martes

    Usos múltiples

    5.

    Debuxo e pintura [EP3-EP6]

    3º, 4º, 5º e 6º Ed. Primaria

    Luns

    Usos múltiples

    6.

    Baile moderno [EP1-EP6]

    1º, 2º, 3º, 4º, 5º E 6º Ed. Primaria

    Xoves

    Pavillón

    7.

    Xogando coa ciencia [EI-EP2]

    4º, 5º e 6º Ed. Infantil

    1º e 2º Ed. Primaria

    Mércores

    Aula creativa

    8.

    Xogando coa ciencia [EP3-EP6]

    3º, 4º, 5º e 6º Ed. Primaria

    Venres

    Aula creativa

    9.

    Teatro [EI-EP2]

    4º, 5º e 6º Ed. Infantil

    1º e 2º Ed. Primaria

    Venres

    Usos múltiples

    10.

    Teatro [EP3-EP6]

    3º, 4º, 5º e 6º Ed. Primaria

    Xoves

    Usos múltiples

    11.

    Xogos cooperativos e xogos populares

    4º, 5º e 6º Ed. Infantil

    1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º Ed. Primaria

    Mércores

    Usos múltiples e patio cuberto

    12.

    Xogando coa arquitectura e coa enxañería

    4º, 5º e 6º Ed. Infantil

    1º e 2ºEd. Primaria

    Luns

    Aula creativa

    13.

    Xogando coa arquitectura e coa enxañería

    3º, 4º, 5º e 6º Ed. Primaria

    Martes

    Aula creativa

CALENDARIO DE DATAS DE INTERESE

 

 

CONTACTO CO CENTRO

HORARIO DE ATENCIÓN

A oficina do centro permanecrá aberta:

do 1 ao 14 de xullo en horario de 09:00 a 13:00 

 

Teléfonos de contacto: 981 35 29 04 / 698 17 95 53

Para calqueira consulta ou petición de documentación mediante o correo electrónico:

ceip.esteiro@edu.xunta.gal

 

LIBROS DE TEXTO 2023-2024

A relación de libros de texto para o curso 2023-2024 está dispoñible no adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut