Skip to Content

 

   

Biblioteca

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Xa empezamos a preparar o Día das Bibliotecas Escolares cunha serie e lecturas nos distintos grupos.

GUÍA DE LIBROS PARA A BIBLIOTECA INCLUSIVA

No seguinte enlace hai unha guía de libros relacionados coa inclusión.

GUÍA

DÍA DA INTERCULTURALIDADE 2021: VIETNAM

Este ano a pesar das circunstancias non queriamos deixar pasar a oportunidade de celebrar a nivel de titoría o Día da Interculturalidade.

Agora tócanos ou mellor dito tocoulle a Pepe falar de Vietnam, que nos presenta este vídeo para que saibamos algo máis sobre este país asiático.

MULLERES PIONEIRAS

Este ano aproveitamos o Día da Muller e a nena na ciencia para comezar cun proxecto que gustou a nenos/as e maiores.

Aproveitando a data do 8M fixemos unha montaxe con todas aquelas aportacións das distintas aulas.

Noraboa a todas e todos polo esforzo. 

CHARLA SOBRE O PAPEL DA MULLER NA CIENCIA

O xoves 18 de febreiro teremos a gran sorte de contar cunha ex-alumna do noso centro que xa apuntaba maneiras no pasado. 

Lucía Toval Barcelo e o seu compañeiro Brais Romalde Campos, alumno do IES Sofía Casanova empregan un software KNIME para o diagnóstico de pacientes con Párkinson empregando gravacións de voz. 

(fonte: Enfoques.gal)

Agradecemos enormemente que veña de novo ao noso colexio para compartir co alumnado de 5º e 6º a importancia da ciencia e das figuras femininas na mesma. 

Información de interese:

  1. Código cero
  2. Enfoques.gal
  3. Knime (en inglés)
  4. Que é o Párkinson?

 

DÍA DA MULLER NA CIENCIA 2021

Este ano as nenas e nenos do colexio traballaraon unha serie de figuras femininas que destacaron e aportaron o su gran de area ao campo da ciencia.

Aquí tedes o traballo, desfrutade!

 

DÍA DO LIBRO 2020

Hoxe é o 23 de abril, sabedes que día celebramos?

Pois si, o DÍA DO LIBRO.

 

 

Dende o colexio non queremos que vos esquezades da importancia da lectura como fonte de coñecemento e entretemento, e hoxe sendo un día tan sinalado a Pescadora de Historias acordouse das súas nenas e nenos. Díxonos que sería interesante que lle botárades un vistazo ás razóns desta celebración que podedes ver neste vídeo:

E ademais deixou unhas plantillas para facer algún marcapáxinas especial.

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2018

 

Este vindeiro xoves 25 de outubro celebraremos o Día das Bibliotecas Escolares co seguinte programa:

  1. Visionado dun corto.
  2. Presentación dun powerPoint coas novidades da nosa biblioteca, incluíndo a sección de medooooo!
  3. A lectura do conto en común que fixemos no colexio.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut