Coa chegada do mes de outubro a biblioteca da escola abre as súas portas.
O alumnado de primaria pode acudir, no tempo de recreo, a coller libros en préstamo, ler, debuxar, estudar, xogar... O alumnado de infantil ten unha sesión semanal asignada e tamén comezaron o empréstito de libros e contos.
En breve comezarán a circular as bolsas dos tesouros en primaria e as mochilas viaxeiras en infantil.
O corredor nestas primeiras semanas estará decorado en homenaxe a Francisco Ibáñez, creador de personaxes tan coñecidos como Mortadelo e Filemón.