![](https://th.bing.com/th/id/R.8729cc85925a6ac567ca18cb7da430d1?rik=3l%2baW6ljLl9%2bAw&riu=http%3a%2f%2focioengalicia.com%2flugo%2fwp-content%2fuploads%2fsites%2f2%2f2014%2f10%2fsamain1.jpg&ehk=v417vDSI24qxdvXfWm%2frld%2fE%2fzpZjoeuMCBiiLmgVx8%3d&risl=&pid=ImgRaw&r=0)
Chegou o outono e con el a época da caída das follas, as castañas e cabazas.
No colexio andan a voltas os membros do Equipo de Normalización Lingüística, e este ano teñen preparado:
- entre o 8 e o 24 de outubro faremos manualidades cos diferentes froitos de outono
- o 30 de outubro teremos a visita dun CASTAÑEIRO e ao longo da segunda e terceira hora faremos manualidades de outono. Merendaremos todos/as xuntos na ula as castañas asadas polo noso castañeiro.
- o 31 de outubro faremos a visita á exposición de cabazas que temos na aula de usos múltiples. Este día o alumnado poderá vir disfrazado.
![](https://4.bp.blogspot.com/-hEHP_jzi3uY/Tn4FoZPzklI/AAAAAAAAA1Q/NTCIZQ2KME4/s1600/IMG_6506.JPG)