Skip to Content

 

   

Orientación

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Acceso a toda a información no portal do Ministerio de Educación e Formación Profesional na seguinte ligazón.

 

Estimadas familias,

 

Como ven sendo habitual durante o verán, o Ministerio de Educación convocou AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO para o curso 2021/2022. O obxecto destas axudas é cubrir os custos derivados da asistencia dos/as alumnos/as a servizos externos ao centro que poden ser tanto de reeducación pedagóxica como da linguaxe, así como programas específicos para alumnado que presenta altas capacidades intelectuais. O alumnado destinatario será aquel que presente un grao de discapacidade recoñecida ou Necesidades Específicas de Apoio Educativo reflectidas en informes médicos expedidos por servizos de saúde públicos acreditados polo Departamento de Orientación do centro/Equipo de Orientación Específico. No caso de alumnado que presente altas capacidades intelectuais terase en conta o informe expedido tanto polo Departamento de Orientación como polo Equipo de Orientación Específico.

 

O prazo de presentación das solicitudes no centro é ata o 30 de setembro, pero recoméndase entregalo o antes posible ante calquera imprevisto, xa que son varios os apartados a cubrir e os axentes implicados.

 

Para máis información podedes consultar as bases no seguinte enlace

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html#dc1

 

 así como poñervos en contacto co Departamento de Orientación do centro ante calquera dúbida.

ENQUISA DA DIAGNOSE DA CONVIVENCIA 2021

Sondaxe de carácter censual que ten por finalidade coñecer a opinión dos distintos colectivos (directores e directoras, profesorado, alumnado, persoal non docente e familias) e permitirá, a través do análise das respostas obtidas, a introdución de avances e melloras neste ámbito dun xeito global e integrador.

A enquisa estará operativa desde o 12 de abril ao 29 de abril de 2021 (ambos dous días incluídos).

ACCESO AO FORMULARIO PARA:

  1. FAMILIAS
  2. ALUMNADO DE 5º E 6º
  3. PROFESORADO
  4. PERSONAL DE ATENCIÓN E SERVIZOS

ESCOLA DE FAMILIAS DO CONCELLO DE FERROL

A Asociación ASFEDRO en colaboración co Concello de Ferrol acaba de poñer en marcha o Programa de Prevención de condutas aditivas no ámbito familiar.

Aquelas familias que teñades interese en participar tedes toda a información no arquivo adxunto.

EXTRACTO DA CARTA INFORMATIVA:

Estimadas familias:

A asociación Asfedro e a asociación Ex-Alcohólicos de Ferrolterra, en convenio co Concello de Ferrol oferta a posibilidade de realizar unha Escola de familias con nenos/as en idade escolar.

Na escola abordaranse os seguintes temas:

  1. A comunicación familiar e os estilos educativos
  2. Normas e límites
  3. Adolescencia, drogas e adiccións. Enfoques  actuais.
  4. Prevención de condutas adictivas: Adiccións con sustancia e adiccións comportamentais.
  5. Riscos das novas tecnoloxías da información e da comunicación.

 

 

 

Levarase a cabo no Centro Municipal de Servizos Sociais na Rúa Sánchez Barcaiztegui do Concello de Ferrol os días 15 e 22 de febreiro e 1, 8, 15 e 22 de marzo de 2021 en horario de 17:00 a 18:30 horas.

Se estades interesadas en participar podedes inscribiros na asociación Asfedro a través do correo electrónico: prevencionasfedro@gmail.com antes do día 10 de febreiro de 2021 adxuntando: Nome e apelidos, número de fillos/as e idade dos mesmos/as, teléfono de contacto e dirección de correo electrónico.

Para máis información podedes chamar a entidade Asfedro: 981372112 e preguntar pola técnica de prevención.

Moitas grazas.

Educación emocional. Departamento de Orientación

Ola familias!!!

O luns pasado rematamos co tratamento das emocións básicas e as propostas que vos suxerimos para cada unha. Estamos recibindo moitas e todas elas moi orixnais e bonitas. Como sabemos que algúns ó mellor non tivéchedes tempo para facelas, e queremos que todos e todas participedes... recordamos as propostas de cada emoción. ANIMÁDEVOS!!! AÍNDA ESTADES A TEMPO DE MANDÁRNOLAS!!

Saúdos!!

Educación emocional. Departamento de Orientación

Ola familias!!!

Comezamos o mes de xuño e con el rematamos o tour das emocións. Hoxe toca despedirse con outra emoción agradable e moooooi necesaria: o AMOR!!!

Tras uns consellos para fomentar o amor na vosa familia e un listado de contos, propoñémosvos que regaledes palabras de amor: a vosoutros mesmos e ós demais. Porque non hai amor se non se demostra...

Animádevos a facer este agasallo porque as propostas que estamos recibindo están quedando mooooi bonitas...e poderedes ver o resultado de todas elas moi pronto!!

Saúdos!

 

Educación emocional. Departamento de Orientación

Ola de novo familias!!!

Como vos está indo coas emocións do enfado e a tristeza ?? Esperamos que vos estean servindo de axuda e que vos divirtades coas nosas propostas!!! Algún xa nos mandáchedes as vosas creacións e os que non...esperámolas con ilusión!!!

Hoxe abordamos unha emoción agradable: a ledicia. Como sempre, unha explicación na que se ve a necesidade de xestionala adecuadamente, un listado de contos e...a nosa proposta: a escaleira da felicidade!!! Facilitámosvos unha plantilla pero tamén podedes facer a vosa propia. Animádevos a facela e mandádenos fotos!!

Boa fin de semana,

Departamento de orientación. 

Educación emocional. Departamento de Orientación

Boas familias!!!

Que tal o fin de semana??? Disfrutáchedes do sol e os paseos???

Comeza outra semana máis e o Departamento de Orientación continúa abordando as emocións. Hoxe é o turno da tristeza.

Seguindo co hilo condutor  adxuntamos unha explicación e consellos para abordar a tristeza cos vosos fillos e fillas, un listado de contos que tratan esta emoción así como unha nova proposta: a creación dun bote de bágoas.

Esperamos as vosas fotos!!

Saúdos.

Educación emocional. Departamento de orientación.

Bo día familias.

Cómo vos foi coa emoción do medo? Gustáronvos os recursos que vos colgamos? Os atrapasoños que recibimos quedaron moi bonitos, non deixedes de compartilos. Hoxe propoñémosvos a seguinte emoción  a “Ira-enfado”, e a estrutura é a mesma ca anterior, unhas pautas, unha recomendación de contos que  a traballan, e unha nova proposta de actividade.

Esperamos que vos guste e nos enviedes as vosas aportacións.

Un saúdo.

Educación emocional. Departamento de orientación.

Ola familias!!!

Que tal a ponte???

Esta semana seguimos traballando coas emocións. Hoxe abordamos unha delas: o medo, moi común nos nenos e nenas.

Para traballalo cos vosos fillos e fillas adxuntamos un documento explicando a emoción e uns consellos para afrontalo. Tamén vos recomendamos unha serie de contos sobre o medo.

E ademais, facémosvos unha proposta. Coñecedes os atrapasoños???? Animádesvos a facer un??? Gustaríanos que nos mandárades algunha foto dos vosos atrapasoños... podédeslla mandar os vosos titores e titoras.

Con todas elas faremos unha composición que poderedes ver na páxina do centro.

Saúdos!!!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut