Skip to Content

 

   

ADMISIÓN ALUMNADO - NOTA INFORMATIVA

DOCUMENTACIÓN solicitude admisión:

 

INFORMACIÓN RELEVANTE A TER EN CONTA

Según establece a normativa vixente:

  1. Só se poderá presentar unha única solicitude no centro que se solicita praza en 1º lugar. A infracción desta norma conlevará a perda dos dereitos de prioridade que correspondan.
  2. O alumnado que xa está escolarizado neste centro, de presentar solicitude de admisión noutro centro, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao CEIP de Esteiro.
  3. O alumnado de 6º que reservou praza no IES Sofía Casanova, se presenta solicitude de admisión noutro IES, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. De non facelo así perderá o dereito de prioridade.
  4. Tamén dará lugar a perda do dereito de prioridade:
    • A presentación da solicitude fóra de prazo.
    • As solicitudes que conteñan datos que non se axusten ás circunstancias reais do alumn@.
    • As solicitudes que estean acompañadas por documentación que reflicta datos que non se axusten ás circunstancias reais.   

 

DOCUMENTACIÓN matrícula (DO 20 ao 30 de xuÑo)

  • Anexo III (proporcionase no centro ou pódese descargar da páxina web).  
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Fotocopia do rexistro de vacinas.
  • Dúas fotografías tamaño carné.

 



page | by Dr. Radut