Skip to Content

 

   

Orientación

BECAS ANEAE CURSO 2024-2025

AXUDAS

CURSO 2024-2025

Axudas para apoio educativo

ACCESO Á SEDE ELECTRÓNICA

 

Plazo de solicitude do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024

 

PINCHA NA IMAXE PARA AMPLAR 

 

 

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Acceso a toda a información no portal do Ministerio de Educación e Formación Profesional na seguinte ligazón.

 

Estimadas familias,

 

Como ven sendo habitual durante o verán, o Ministerio de Educación convocou AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO para o curso 2023/2024. O obxecto destas axudas é cubrir os custos derivados da asistencia dos/as alumnos/as a servizos externos ao centro que poden ser tanto de reeducación pedagóxica como da linguaxe, así como programas específicos para alumnado que presenta altas capacidades intelectuais. O alumnado destinatario será aquel que presente un grao de discapacidade recoñecida ou Necesidades Específicas de Apoio Educativo reflectidas en informes médicos expedidos por servizos de saúde públicos acreditados polo Departamento de Orientación do centro/Equipo de Orientación Específico. No caso de alumnado que presente altas capacidades intelectuais terase en conta o informe expedido tanto polo Departamento de Orientación como polo Equipo de Orientación Específico.

 

O prazo de presentación das solicitudes comeza o 8 de maio ata o 20 de setembro, pero recoméndase entregalo o antes posible ante calquera imprevisto, xa que son varios os apartados a cubrir e os axentes implicados.

 

Para máis información podedes consultar as bases no seguinte enlace

https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/891598/document/889499

 

 así como poñervos en contacto co Departamento de Orientación do centro ante calquera dúbida.

Como solicitar a beca

ESCOLA DE FAMILIAS - CONCELLO DE FERROL

A Concellería de Benestar Social, xunto coas entidades que forman parte do grupo de traballo de infancia, adolescencia e familia (impulsado por esta propia área municipal), continúa nesta segunda avaliación coa ESCOLA DE FAMILIAS MUNICIPAL. Neste caso, o tema abordado será a sexualidade, con tres sesións durante o mes de febreiro.

As sesións serán os mércores e terán lugar, como no primeiro módulo, no salón de actos da Casa Solidaria (rúa Velázquez), nomeadamente os días 1, 8 e 15 de febreiro.

 

PROA+

Comezamos o programa PROA+ co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

Documentación PROA+ | Consellería de Cultura, Educación e Universidade (xunta.gal)

 

OBXECTIVOS DO PROGRAMA

O obxectivo do programa é o éxito escolar de todo o alumnado, facendo especial fincapé naquel en situación de vulnerabilidade educativa. Por iso, o programa concíbese como un mecanismo de axuda para a transformación dos centros que afrontan unha maior complexidade educativa durante o período 2021-2024.

 

Características e desenvolvemento do programa

O Programa PROA+ estrutúrase ao redor de cinco liñas estratéxicas de actuación, inspiradas nos principios pedagóxicos PROA+, sobre as que os centros terán que focalizar as súas actividades panca no Plan de mellora.

 

Liñas estratéxicas e ámbitos de actuación

  1. Asegurar as condicións mínimas de educabilidade do alumnado. Alumnado vulnerable
  2. Apoiar o alumnado con dificultades para a aprendizaxe. Alumnado vulnerable
  3. Desenvolver actitudes positivas no centro Actitudes no centro
  4. Mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe daqueles aspectos das competencias básicas con dificultades de aprendizaxe. Procesos de ensinanzaaprendizaxe
  5. Aplicar novas formas de organización e xestión do centro orientadas a mellorar o éxito educativo de todo o alumnado, contemplando infraestruturas estratéxicas e a mellora da calidade e estabilidade do profesorado ou profesionais que participen no desenvolvemento do programa. Centro e administración educativa

CONCELLO - ESCOLA DE FAMILIAS MUNICIPAL

A Concellería de Benestar Social, xunto coas entidades que forman parte do grupo de traballo de infancia, adolescencia e familia (impulsado por esta propia área municipal), puxo en marcha o segundo trimestre de 2020 unha Escola de Familias, na que se abordou a prevención de condutas aditivas, tanto de substancias habituais, como outras que, ademais, se incrementaron durante a etapa de confinamento (xogos de azar -apostas sobre todo-, consolas ou pornografía). Dita escola tivo un carácter de experiencia piloto e, tanto pola participación como polos contidos abordados, foi un éxito. Así as cousas, o ano pasado ampliamos esta Escola a todo o curso, constituindo a ESCOLA DE FAMILIAS MUNICIPAL, e desenvolvimos, a maiores do indicado, un módulo sobre a importancia da sexualidade da xuventude e un terceiro sobre educación en diversidade.

Á vista dos resultados obtidos, este curso abordaremos, novamente, a prevención de condutas aditivas, a sexualidade na xuventude e, como módulo novo, o acoso escolar. As sesións serán os mércores, como sempre, pero mudamos de espazo para facilitar o acceso a un maior número de familias: salón de actos da Casa Solidaria (rúa Velázquez). os días 26 de outubro e 2, 9, 16, 23 e 30 de novembro de 2022 en horario de 17:00 a 18:30 horas.

Se estades interesad@s en participar, podedes inscribiros na asociación Asfedro a través do correo electrónico: prevencionasfedro@gmail.com, antes do día 21 de outubro de 2022, adxuntando: Nome e apelidos, número de fillos/as e idade dos mesmos/as, teléfono de contacto e dirección de correo electrónico, ou ben acceder ao formulario de Google no seguinte enlace https://cutt.ly/8Bwr6u5

 

Para máis información, podedes chamar á entidade Asfedro (981372112), e preguntar pola técnica de prevención. Como na edición anterior, dirixímonos a vós, centros escolares e ANPAS, para pedir a vosa colaboración. Por iso, ademais desta carta, mandamos o programa do primeiro módulo e a ficha de inscripción para que, se é posible e como xa vos adiantamos a través de Asfedro, a difundades entre o alumnado e as súas familias.

Agradezo a vosa colaboración e quedo ao voso dispor para resolver calquera dúbida que xurda ao respecto.

Recibide un cordial saúdo,

Eva Martínez Montero

Concelleira de Benestar Social e Patrimonio Histórico

 

MÁIS INFORMACIÓN NO ARQUIVO ADXUNTO

SOLICITUDE DO EOE

O protocolo de solicitude do EOE está descrito no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/4456

 

HORARIO E DÍAS PRESENCIAIS DA XEFATURA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

A Xefatura do Departamento de Orientación é compartida entre o CEIP Esteiro e o CEIP Virxe do Mar, polo que para poder comunicarse coa responsable é importante ter en conta os seguintes días:

Luns de 09:00 a 14:00

Mércores de 09:00 a 14:00

Os seguintes venres:

  • Outubro: días 6 e 20
  • Novembro: días 3 e 17
  • Decembro: día 1
  • Xaneiro: días 12 e 26
  • Febreiro: días 9 e 23
  • Marzo: días 8 e 22
  • Abril: días 12 e 26
  • Maio: días 10 e 31
  • Xuño: días 14 e 28

 

 

 

 

BADYG

Estimadas familias,

Dende o Departamento de orientación enviámosvos esta circular sobre a proba BADYG para explicarvos os resultados acadados.

Antes de comezar a explicar en que consiste o BADYG, é necesario aclarar as seguintes cuestións:

A intelixencia é unha facultade superior do ser humano, e como tal, é difícil de medir e avaliar. Por isto mesmo é necesario tomar os datos que aparecen no perfil con cautela. Hai varios aspectos que poden distorsionar os resultados: cansazo, falta de atención, o ambiente da aula, a motivación, o estado de ánimo, as preocupacións, etc. É dicir, ningunha proba é perfecta, e desde este punto de vista, temos que tomar os resultados como unha axuda.

Como se lles dixo ós nenos e nenas, o BADYG non é un exame, senón que é unha proba que nos axuda a coñecer como aprendemos.

Moitas veces a intelixencia funcional inflúe tamén nos resultados: o neno ou a nena é mais capaz, pero funcionalmente traballa e emprega os seus recursos cun ritmo inferior ás súas posibilidades.

 

Que é o BADYG?

O BADYG (Batería de Aptitudes Diferenciais e Xerais), é un test que se realiza nas aulas con todo o alumnado ao mesmo tempo, e que pretende medir as aptitudes dos nenos e nenas para desenvolverse nas distintas aprendizaxes. É dicir, para coñecer o potencial intelectual de cada alumno/a e poder axudalo tendo en conta as súas posibilidades. Consta de 9 exercicios para a Educación Primaria.

 

Como interpretamos os resultados do perfil persoal?

No perfil individualizado aparecen unha serie de resultados baixo as siglas PC, que fai referencia ao lugar que ocuparía o neno/a nun grupo normativo de 100 alumnos/as.

As puntuacións entre 20 e 80 son consideradas normais, sendo normal altas as que están entre 60 e 80 e normal baixas as que están entre 20 e 40.  As puntuacións por riba de 80 son altas.

 

Que podemos facer cos resultados?

En primeiro lugar recordar que os resultados non son perfectos ou inmóbiles, polo que temos que quedarnos cunha idea global máis que afondar nunha proba en particular que pode estar nesgada.

- Se os resultados son altos e as notas non brillan especialmente, poden animar ao seu fillo/a a ter a seguridade de que a súa capacidade non é un problema. Haberá que reforzar as outras áreas: motivación, constancia, conduta…

- Se os resultados acadados son baixos, é ao mesmo tempo as súas cualificacións son baixas. Neste caso a proba está a confirmar que hai unha xustificación obxectiva para explicar unha parte das dificultades. Sen esquecernos doutros factores como poden ser as funcións executivas (memoria, atención…) xa que as mesmas tamén poden repercutir no proceso de ensinanza-aprendizaxe.

- Se os resultados son baixos e as notas medias, ou ben o test non foi realizado coa suficiente atención, ou ben o alumno/a está compensando con dedicación parte das súas dificultades.

En calquera caso, non debemos facer comparativas cos resultados entre irmáns, familiares, compañeiros/as…

Non é preciso contarlle ós nenos e nenas os resultados ó detalle, pois o concepto intelixencia pode non ter o mesmo significado que para nós. E se ademais son resultados negativos é mellor non mencionalos.

En definitiva, estes resultados valen para axustar a esixencia ás verdadeiras posibilidades, e axudar alí onde detectemos carencias.

Recordarvos que ante calquera dúbida podedes chamar ao centro para contactar coa orientadora, que vós atenderá en canto lle sexa posible.

 Un saúdo

 

O Departamento de Orientación

PLAN DE BENESTAR EMOCIONAL

O plan de benestar emocional dos centros educativos organizado en tres fases:

Primeira fase: detección e acompañamento. Temporalización: inicio inmediato e duración en tanto persista a súa necesidade.

Segunda fase: fortalecemento da resiliencia e da competencia emocional na comunidade educativa. Temporalización: inicio Abril 2021 e

duración en tanto persista a súa necesidade.

Terceira fase: Consolidación. Planificación e organización do curso 2021-22, dotación de recursos didácticos. 

REDE DE ACOMPAÑAMENTO E ORIENTACIÓN PERSOAL E FAMILIAR DE GALICIA (RAOGAL)

Creación da rede

 Resolución do 14 de xuño da secretaría xeral de Educación e Formación Profesional pola que se crea con carácter experimental a Rede Galega de Acompañamento e Orientación persoal e familiar de Galicia no marco do Plan Recupera.

 RAOGAL constitúese ao abeiro da Resolución do 20 de outubro de 2021 pola que se fai pública a relación das Unidades que integran a Rede Galega de Acompañamento e Orientación persoal e familiar (UACO) e a relación de responsables para cada zona. Esta rede está formada por 32 centros educativos. 

Máis información

Distribuir contido


by Dr. Radut