Skip to Content

 

   

Orientación

As emocións dende o Departamento de Orientación

Ola familias!!!

A identificación, comprensión e control das emocións é un aspecto de suma importancia para o desenvolvemento xeral dos vosos fillos e fillas, máis nesta etapa que estamos a vivir. Por iso, comezamos hoxe cunha proposta na que se tratan as emocións básicas como o medo, o amor, a ledicia ou a tristeza. Ademais, deixámosvos un documento con varios contos interesantes para traballalas a través da lectura e un xogo da oca sobre emocións para que vos divirtades con el.

Saúdos,

Departamento de Orientación.

Maratón do Departamento de orientación

Ola familias!!!

A fin de semana está á volta da esquina e como sabemos que traballades moito durante a semana hoxe traemos unha proposta que engloba diversión, movemento e aprendizaxe.

Esperamos que volo pasedes xenial!!

Boa fin de semana!!

Proposta do Departamento de Orientación.

Bo día familias.

Voltamos a carga despois da Ponte. Que vos parece se vos propoñemos unhos recursos relacionados coa autoestima e autoconcepto.

Deixámosvos un pdf con unas pautas, un xogo e unha batería de contos que traballan estes aspectos.

Esperamos que o disfrutedes.

Un saúdo. 

Novas propostas do Departamento de Orientación

Boas familias!!

Que tal van eses paseos 1-1-1-1?? 

Hoxe deixamos dúas novas propostas relacionadas coas emocións. Unha delas é un documento con enlaces a publicacións realizadas pola psicólago infantil Carmen Esteban e a outra un xogo sobre os medos.

Un saúdo e pasade unha boa ponte!!

Proposta do Departamento de Orientación.

Bo día familias. Qué tal a primeira saída dos nen@s a rúa? Dende o Departamento de Orientación somos conscientes de que volver a pasar tempo na casa, vailles custar, así que gustaríanos que vos iniciásedes no mindfulness.

Deixamos un pdf e un xogo con todo o necesario nos arquivos adxuntos. 

Un saúdo.

Por fin podemos saír!

Este conto explicativo, ofrece unha serie de orientacións para que os nenos poidan camiñar con seguridade pola rúa o próximo domingo. A disfrutar!

Un saúdo. 

Proposta de actividades dende o Departamento de Orientación. Día do libro

 

Bo día familias, con motivo do día do libro eliximos unhos recursos para entretervos.

1º Imaxe cos principais beneficios de ler:

 


2ºbreve conto creado no blogue "Creando en especial", moi divertido e diferente. 

https://creandoenespecial.blogspot.com/2020/04/o-mercores-tolo.html

3º Corto relacionado co día do libro. 

4º E por último, sede creativos co seguinte taller de Origami. 

Un saúdo. 

 

 

PROPOSTAS DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Bo día familias!!

Deixamos un documento para que lle botedes unha ollada, se queredes e un xogo de pasapalabra para gozar en familia.

Se tedes algunha dúbida ou consulta, temos un correo electrónico común do Departamento de Orientación: Departamentodeorientacion@ceipesteiro.onmicrosoft.com

 

Un saúdo.

Recursos Departamento de Orientación.

Bo día familias.
Bo regreso de “vacacións" de semana santa. Hoxe adxuntamos unha imaxe con consellos que nos pareceron interesantes para sobrelevar este confinamento.

Mentres que para ir poñéndonos as pilas de novo, propoñemos uns retos caseiros para xogar en familia. Veredes un pdf. coas instrucción e outro co xogo. A pasalo ben !


Un saúdo.

 

Proposta de actividades dende o Departamento de Orientación.

Bo día familias.

Xa estamos as portas das vacacións de Semana Santa e desta vez propoñemos exemplos de xogos en familia para que desconectedes e para que conectedes coa vosa parte emocional.

 

- Pdf Xogos en familia.

- Regras do xogo e taboleiro "Juegamimos".

Disfrutade o mellor que poidades das merecidas vacacións.

Un saúdo. 

Distribuir contido


by Dr. Radut