Skip to Content

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

As actividades extraescolares do curso 2022-2023 chegan ao seu remate con dúas xornadas de exhibición ás cales estades convidados:

  • VENRES 26 de maio
    16:45 --> Exhibición de BAILE MODERNO no paviilón polideportivo. [monitora Eva]
    17:00 --> Obra de TEATRO en usos múltiples. [monitora Miriam]

  • MARTES 30 de maio
    17:00 --> Exhibición de PATINAXE no pavillón polideportivo.
     [monitor Toni]

O centro quere agradecer o traballo realizado polo monitorado ao longo destes meses.

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

                                                                                                                   

BENEFICIARIAS

As familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

 

  • a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO). No noso centro non entraría o alumnado de 5º e 6º por traballar na plataforma EDIXGAL con libros electrónicos.

  • b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

  • c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E.Primaria, ESO e EE.

Cálculo da renda per cápita da unidade familiar: sumar os recadros 435 e 460 da declaración ou declaracións e dividir entre o número de membros da unidade familiar. Aquelas familias que non fixeron declaración da renda correspondente ao ano 2021 deben ter en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola AEAT. No caso de que algún membro da unidade familiar teña recoñecida algunha discapacidade (igual ou superior 33%), dito membro computa por dous.

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: do 20 de maio ao  21 de xuño (ámbolos dous inclusive) 

As solicitudes presentaranse:

  1. Por vía electrónica a través da aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros)
  2. De xeito presencial no centro (pode descargar o impreso no enlace que figura máis abaixo).

 

MOI IMPORTANTE: tanto para ter dereito ás axudas como para acollerse ao fondo solidario é obrigatorio devolver no centro os libros correspondentes ao Fondo Solidario do curso 2022/2023 (enviarase comunicado coas datas e horario establecido para tal fin).


                      Para máis información ou calquera dúbida preguntar chamando ao teléfono 981352904 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS: 4 de xullo publicado no taboleiro de anuncios do interior do centro

PRAZO DE RECLAMACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL: dous días hábiles dende a publicación e 6 de xullo.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS: 7 de xullo  consultar no taboleiro de anuncios do interior do centro. 

 

RECOLLIDA DE VALES DE AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR: (horario de 10 a 13H)

  • 1º e 2º o 11 de xullo
  • 3º e 4º o 12 de xullo
  • 5º e 6º o 13 de xullo

 

 Os libros adxudicados ao alumnado de 3º e 4º será entregado ao comezo do curso 2023-2024

SEGURIDADE VIAL

O alumnado participou nunha xornada adicada á seguridade vial grazas a un programa ofertado polo Concello de Ferrol a través da Policia Local.

Nesta xornada aprendemos a circular polas nosas rúas, tanto coma peóns, coma conductores/as respectando as normas.

Aquí tedes no Diario de Ferrol a iniciativa: 

Los niños ferrolanos aprenden de forma lúdica seguridad viaria en la escuela de movilidad (diariodeferrol.com)

 

TUTORIAIS SOBRE EDUCACIÓN VIAL:
 

HIMNO DO COLEXIO DE ESTEIRO

Grazas ao gran traballo de Xairo Currás Porto xa temos rematado o noso ansiado himno do colexio adicado ao noso museo popular.

Esperamos que sexa do agradao de todos/as, xa que o alumnado dende terceiro ata sexto fixo un esforzo intenso para que saíse adiante.

 

AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN E BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024

Acaban de publicar no BOP as BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE PRESTACIÓNS DE CARÁCTER ASISTENCIAL: AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN E BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR. CURSO 2023-2024. CONCELLO DE FERROL.CIVIDAS 2023012102.

PRAZO: 10 días hábiles dende a publicación no Boletín Oficial da Provincia. 

As axudas cubren os seguintes apartados:

 Liña 1: Bolsas de comedor escolar: dirixidas a menores que residan en Ferrol e estean matriculados nun centro de ensino público ou concertado da cidade e que cursen: Educación Infantil ,Primaria e centros de educación especial da cidade. Tanto nos centros públicos como nos concertados as axudas poderán ser en concepto de almorzo e/ou xantar. ·

Liña 2: Axudas escolarización (material escolar): dirixidas ás persoas menores de idade que residan en Ferrol e estean matriculados nun centro de ensino da cidade e que cursen: Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional Básica (nas súas diferentes modalidades) e Formación Profesional de Grao Medio. 

A documentación necesaria consta no apartado 5 que deberá ser entregada no rexistro xeral do Concello de Ferrol.

No centro deberedes solicitar o Certificado Escolar correspondente ao curso 2022-2023

 

Para máis información 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipesteiro/system/files/20230515_Concello_AxudasComedor.pdf

ADMISIÓN 2023-2024

As listaxes definitivas de admitidos e excluídos están publicadas no taboleiro interior do centro cos datos persoais do alumnado.

ANPA _ LIMPEZA DE PRAIAS

Acción medioambiental realizada polo ANPA na praia de Covas. 

 

Noticia

OS MAIOS 2023

Este ano grazas a gran colaboración de tódalas familias creamos de novo o noso MAIO BUXAINA que compartiron os alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria na Praza de España co resto de colexios participantes.

Así é coma quedou------>

Distribuir contido


by Dr. Radut