Skip to Content

 

   

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024-2025

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

                                                                                                                   

BENEFICIARIAS

As familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

 

  • a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO). No noso centro non entraría o alumnado de 5º e 6º por traballar na plataforma EDIXGAL con libros electrónicos.

  • b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

  • c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E.Primaria, ESO e EE.

Cálculo da renda per cápita da unidade familiar: sumar os recadros 435 e 460 da declaración ou declaracións e dividir entre o número de membros da unidade familiar. Aquelas familias que non fixeron declaración da renda correspondente ao ano 2022 deben ter en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola AEAT. No caso de que algún membro da unidade familiar teña recoñecida algunha discapacidade (igual ou superior 33%), dito membro computa por dous.

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: do 21 de maio ao  21 de xuño (ámbolos dous inclusive) 

As solicitudes presentaranse:

  1. Por vía electrónica a través da aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros)
  2. De xeito presencial no centro (pode descargar o impreso no enlace que figura máis abaixo).

 

MOI IMPORTANTE: tanto para ter dereito ás axudas como para acollerse ao fondo solidario é obrigatorio devolver no centro os libros correspondentes ao Fondo Solidario do curso 2023/2024 (enviarase comunicado coas datas e horario establecido para tal fin).


                      Para máis información ou calquera dúbida preguntar chamando ao teléfono 981352904 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS: 5 de xullo publicado no taboleiro de anuncios do interior do centro

PRAZO DE RECLAMACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL: dous días hábiles dende a publicación 8 e 9 de xullo.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS: 11 de xullo  consultar no taboleiro de anuncios do interior do centro. 

 

RECOLLIDA DE VALES DE AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR: (horario de 10 a 13H)

  • 1º e 2º o 15 de xullo
  • 3º e 4º o 16 de xullo
  • 5º e 6º o 17 de xullo

 

 Os libros adxudicados ao alumnado de 3º e 4º será entregado ao comezo do curso 2024-2025

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES - CALENDARIO DE ACTIVIDADES FINAIS

CALENDARIO DAS EXHIBICIÓNS DE FIN DE CURSO

MARTES 28

PATINAXE (unicamente o grupo de patinaxe do martes) A exhibición se levará a cabo nos últimos 30 MINUTOS de actividade no propio pavillón. 

MÉRCORES 29

PATINAXE (unicamente o grupo de patinaxe do mércores) A exhibición se levará a cabo nos últimos 30 MINUTOS de actividade no propio pavillón.

XOGANDO COA CIENCIA (unicamente o grupo de ciencias do mércores) A exposición se levará a cabo nos últimos 30 MINUTOS de actividade na propia aula.

XOVES 30

BAILE. A exhibición terá lugar nos últimos 20 MINUTOS de actividade no propio pavillón.

VENRES 31

TEATRO (unicamente o grupo de teatro do venres)A exhibición terá lugar nos últimos 30 MINUTOS de actividade na propia aula. 

O grupo de TEATRO dos xoves. Realizará o peche de curso no Teatro con G.

Por último, quería pedirvos a vosa colaboración na difusión das exhibicións de cara ás familias. As monitoras avisarán ás familias os últimos días de actividade, pero se tedes algunha forma de avisalas vós tamén e recordarllo, o agradecería enormemente.

ADMISIÓN 2024-2025

Con data 15 de maio de 2024 están publicadas as listaxes definitivas para o curso escolar 2024-2025.

A listaxe está dispoñible no taboleiro do interior do centro.

OS MAIOS

Un ano máis grazas á participación de toda a comunidade educativa logramos facer un maio á altura do noso xogo popular.

Noraboa a todos/as polo gran traballo.

 

BECAS ANEAE CURSO 2024-2025

AXUDAS

CURSO 2024-2025

Axudas para apoio educativo

ACCESO Á SEDE ELECTRÓNICA

 

Plazo de solicitude do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024

 

PINCHA NA IMAXE PARA AMPLAR 

 

 

XOGOS INCLUSIVOS

O centro segue catalogando material que contemple a igualdade e a inclusión para o uso nas aulas.

Na biblioteca temos unha serie de recursos (xogos) novos que podedes consultar a través do acceso aos fonfods da biblioteca do centro EDUBIB Koha (xunta.gal).

 https://ceipesteiro.edubib.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-shelves.pl?op=view&shelfnumber=956&sortfield=title

Tamén tedes a relación dos xogos no documento adxunto. 

ADMISIÓN 2024-2025 - PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS

Con data 25 de abril de 2024 están publicadas as listaxes Provisonais de admitidos/as para o curso escolar 2024-2025.

A listaxe está dispoñible no taboleiro interior do centro.

FEIRA DO LIBRO EN FERROL

O Concello de Ferrol organiza a Feira do Libro dende o 19 ao 21 de abril.

No adxunto tedes o cartaz dispoñible.

BAXI FERROL - VISITA AO CENTRO

O 10 de abril tivemos a sorte de recibir a visita dalgúns membros do equipo de baloncesto feminino da nosa cidade, o BAXI FERROL.

Compartiron un rato con todo o alumnado do centro, contestando a todas as dúbidas e consultas que lle fixeron; e por riba ao rematar practicaron uns tiros as canastas.

Grazas pola visita e sorte neste treito final do campionato.

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024

DÍA DAS ARTES GALEGAS - FRANCSICO ASOREY

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024 - LUÍSA VILLALTA

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut