Skip to Content

 

   

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

No Diario Oficial de Galicia do día 14 de outubro de 2022 está publicada a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221014/AnuncioG0655-061022-0001_gl.html

Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€.

 

As familias podedes retirar os vales na secretaría do centro de luns a venres en horario de 09:00 a 09:50.Coa retirada do vale asinaredes un recibí onde especificaredes o DNI.

 

Estes vales deben ser gastados antes do 1 de decembro 2022.

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro conmemórase o Día Internacional das Bibliotecas, pero... sabedes por que se celebra este día? Conmemórase desde o ano 1997, recordando a destrución da biblioteca de Sarajevo, na guerra dos Balcáns en 1992. Nesta guerra a biblioteca incendiouse, e perdéronse centenares de miles de libros, algúns de moito valor.

Desde o Ministerio de Cultura e Deporte programan unha serie de actividades e no seguinte enlace poderedes ver toda a información relacionada con esta conmemoración:

https://www.culturaydeporte.gob.es/cultura/areas/bibliotecas/mc/dia-bibliotecas-2022/presentacion.html

Ademais o cartaz deste ano, foi realizado por Xulia Vicente, ilustradora nada en Cariño. 

Na escola, tamén conmemoraremos esta data, cunha visita moi especial. Será o día 21 de outubro e compartiremos con Antón lecturas, xogos e moitas aprendizaxes.

 

APERTURA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Este curso a biblioteca da escola abríu as súas portas a inicios de outubro. Despois de dous anos con restriccións, retomamos o uso da biblioteca na hora de lecer, onde o alumando poderá:

  • Coller ou devolver libros, pelis, revistas...
  • Empregar o recanto LEGO
  • Xogar cos xogos de mesa
  • Utilizar os ordenadores
  • Ler, estudar...

Todo esto grazas á colaboración dos axudantes da Pescadora de Historias, alumnado de 5º e 6º que, de xeito voluntario, acude no recreo á biblioteca para axudar e dinamizar todas actividades realizadas. 

 

 

 

 

PROA+

Comezamos o programa PROA+ co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

Documentación PROA+ | Consellería de Cultura, Educación e Universidade (xunta.gal)

 

OBXECTIVOS DO PROGRAMA

O obxectivo do programa é o éxito escolar de todo o alumnado, facendo especial fincapé naquel en situación de vulnerabilidade educativa. Por iso, o programa concíbese como un mecanismo de axuda para a transformación dos centros que afrontan unha maior complexidade educativa durante o período 2021-2024.

 

Características e desenvolvemento do programa

O Programa PROA+ estrutúrase ao redor de cinco liñas estratéxicas de actuación, inspiradas nos principios pedagóxicos PROA+, sobre as que os centros terán que focalizar as súas actividades panca no Plan de mellora.

 

Liñas estratéxicas e ámbitos de actuación

  1. Asegurar as condicións mínimas de educabilidade do alumnado. Alumnado vulnerable
  2. Apoiar o alumnado con dificultades para a aprendizaxe. Alumnado vulnerable
  3. Desenvolver actitudes positivas no centro Actitudes no centro
  4. Mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe daqueles aspectos das competencias básicas con dificultades de aprendizaxe. Procesos de ensinanzaaprendizaxe
  5. Aplicar novas formas de organización e xestión do centro orientadas a mellorar o éxito educativo de todo o alumnado, contemplando infraestruturas estratéxicas e a mellora da calidade e estabilidade do profesorado ou profesionais que participen no desenvolvemento do programa. Centro e administración educativa

G-NIGHT 2022

Queremos agradecer a invitación que nos fixeron dende o CITENI (Centro de Investigación e Tecnoloxías Navais e Indutriais) para asisitir un ano máis a unha xornada inesquecible.

A continuación tedes uns vínculos cos obradoiros da xornada.

https://twitter.com/CITENI_UDC/status/1578046414332067841

https://fb.watch/g0ctSA8ecu/

https://www.instagram.com/p/CjbKEjhDcA6/

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022-2023

Estimadas familias, todo está listo para que comecen as actividades extraescolares ofertadas dende o Concello de Ferrol este LUNS 10 DE OUTUBRO 2022.

O alumnado entrou en tódalas actividades agás en Xogando coa Ciencia no grupo de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria na cal hai alumnado en situación de reserva.

Podedes acceder ás listaxes de admitidos/as no tablón de anuncios situado dentro do colexio.

 

CONCELLO - ESCOLA DE FAMILIAS MUNICIPAL

A Concellería de Benestar Social, xunto coas entidades que forman parte do grupo de traballo de infancia, adolescencia e familia (impulsado por esta propia área municipal), puxo en marcha o segundo trimestre de 2020 unha Escola de Familias, na que se abordou a prevención de condutas aditivas, tanto de substancias habituais, como outras que, ademais, se incrementaron durante a etapa de confinamento (xogos de azar -apostas sobre todo-, consolas ou pornografía). Dita escola tivo un carácter de experiencia piloto e, tanto pola participación como polos contidos abordados, foi un éxito. Así as cousas, o ano pasado ampliamos esta Escola a todo o curso, constituindo a ESCOLA DE FAMILIAS MUNICIPAL, e desenvolvimos, a maiores do indicado, un módulo sobre a importancia da sexualidade da xuventude e un terceiro sobre educación en diversidade.

Á vista dos resultados obtidos, este curso abordaremos, novamente, a prevención de condutas aditivas, a sexualidade na xuventude e, como módulo novo, o acoso escolar. As sesións serán os mércores, como sempre, pero mudamos de espazo para facilitar o acceso a un maior número de familias: salón de actos da Casa Solidaria (rúa Velázquez). os días 26 de outubro e 2, 9, 16, 23 e 30 de novembro de 2022 en horario de 17:00 a 18:30 horas.

Se estades interesad@s en participar, podedes inscribiros na asociación Asfedro a través do correo electrónico: prevencionasfedro@gmail.com, antes do día 21 de outubro de 2022, adxuntando: Nome e apelidos, número de fillos/as e idade dos mesmos/as, teléfono de contacto e dirección de correo electrónico, ou ben acceder ao formulario de Google no seguinte enlace https://cutt.ly/8Bwr6u5

 

Para máis información, podedes chamar á entidade Asfedro (981372112), e preguntar pola técnica de prevención. Como na edición anterior, dirixímonos a vós, centros escolares e ANPAS, para pedir a vosa colaboración. Por iso, ademais desta carta, mandamos o programa do primeiro módulo e a ficha de inscripción para que, se é posible e como xa vos adiantamos a través de Asfedro, a difundades entre o alumnado e as súas familias.

Agradezo a vosa colaboración e quedo ao voso dispor para resolver calquera dúbida que xurda ao respecto.

Recibide un cordial saúdo,

Eva Martínez Montero

Concelleira de Benestar Social e Patrimonio Histórico

 

MÁIS INFORMACIÓN NO ARQUIVO ADXUNTO

ENQUISA SOBRE O DEPORTE E EXERCICIO FÍSICO EN FERROL

O Concello de Ferrol segue a traballar na caracterización da práctica de exercicio físico e deporte na cidade coa intención de coñecer os aspectos relevantes para a cidadanía e que o goberno municipal poida promover dun xeito efectivo un estilo de vida saudable entre a poboación local.

Por iso solicitan a vosa axuda cubrindo as seguintes enquisas:

  *   Enlace enquisa adultos: https://form.typeform.com/to/IQC6mWgY
  *   Enlace enquisa menores de idade: https://form.typeform.com/to/qiTCVWFp

 

ELECCIÓNS SINDICAIS 2022

O 27/06/2022 as organizacións sindicais Confederación Intersindical Galega (CIG), Comisións Obreiras (CCOO), Asociación Nacional de Profesorado Estatal (ANPE-FSES), Unión Xeral de Traballadores (UGT-SP), Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galicia (STEG) e Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), comunican a esta Consellería o Acordo entre as citadas organizacións para establecer o calendario de celebración de eleccións sindicais para as xuntas de persoal docente non universitario no ámbito da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. O 29/08/2022 presentan a comunicación formal de realización das eleccións.

Esas organizacións están lexitimadas para promover eleccións aos membros das xuntas de persoal no ámbito citado consonte o artigo 43 do Estatuto básico do empregado público e segundo o disposto nos artigos 6 e 7 da lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de Liberdade Sindical. O dito acordo maioritario tómase conforme ao establecido na Lei 11/1994, do 19 de maio, pola que se modifican determinados artigos do Estatuto dos Traballadores, así como a Lei 18/1994, do 30 de xuño, que modifica a normativa de eleccións aos órganos de representación do persoal ao servizo das administracións públicas da Lei 9/1987 do 12 de xuño.

O inicio do proceso electoral fíxase para o día 30/09/2022, sendo a data prevista para a votación o día 01/12/2022.

ACCESO Á INFORMACIÓN

POLICIA LOCAL- PEQUEPARADAS

Dende a Policia Local agradecen a colaboración das familias no uso das PEQUEPARADAS.

Carta adxunta da Policia Local de Ferrol.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut