Eleccións sindicais 2018

Xov, 20/09/2018 - 11:00

O 28/06/2018, as organizacións sindicais Confederación Intersindical Galega (CIG), Comisións Obreiras (CCOO), Unión Xeral de Traballadores (UGT), Asociación Nacional de Profesorado Estatal (ANPE-FSES),  Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galicia (STEG), e Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), comunican a esta Consellería o Acordo entre as citadas organizacións para establecer o calendario de celebración de eleccións sindicais no ámbito do persoal dos corpos docentes regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e O.U.

Esas organizacións están lexitimadas para promover eleccións aos membros das xuntas de persoal no ámbito citado consonte o artigo 43 do Estatuto básico do empregado público e segundo o disposto nos artigos 6 e 7 da lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de Liberdade Sindical. O dito acordo maioritario tómase conforme ao establecido na Lei 11/1994, do 19 de maio, pola que se modifican determinados artigos do Estatuto dos Traballadores, así como a Lei 18/1994, do 30 de xuño, que modifica a normativa de eleccións aos órganos de representación do persoal ao servizo das administracións públicas da Lei 9/1987 do 12 de xuño.

O inicio do proceso electoral fíxase para o día 03/10/2018, sendo a data prevista para a votación o 04/12/2018.

Co gallo de facilitar o desenvolvemento do proceso electoral neste espazo da páxina web facilítase ás persoas interesadas no dito proceso información sobre o mesmo:

 

Información xeral

 

Documentos para as Mesas electorais

 

 Normativa

  • Para os efectos do proceso electoral resultan especialmente significativos os artigos 39 a 44, a disposición transitoria quinta, a alínea c) da disposición transitoria única, e a disposición final cuarta.
  • Para os efectos deste proceso resulta especialmente relevante o artigo 7. Os artigos 13 a 29 están derrogados ou modificados pola Lei 18/1994.
  • Esta Lei derroga e modifica artigos da Lei  9/1987.