Skip to Content

 

   

AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN E COMEDOR ESCOLAR 2022-2023

O Concello de Ferrol acaba de abrir o prazo para a solicitude de axudas á escolarización e comedor escolar do alumnado.

Acceso ás bases:

https://www.ferrol.gal/Sede/TaboleiroAnunciosAmpliar/608

SOLUCIONAR PROBLEMAS CO APLICATIVO COLECHEF

Para poder solucionar o problema relacionado co rexistro no aplicativo ColeChef a empresa solicita que enviedes un correo electrónico ao enderezo galicia@serunion.elior.com coa vosa consulta ou chamar aos teléfonos 630363844 ou 986453040.

ACTIVIDADE EN SANTIAGO DE COMPOSTELA - CIENCIA ENTRE AS RAPAZAS

Actividade que dende AMIT Galicia están a desenvolver en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ( AMTEGA) para promover as vocacións científicas entre as rapazas.

O día 7 de xuño de 16:00 a 20:00 en Santiago de Compostela.

 

SOLICITUDE DO EOE

O protocolo de solicitude do EOE está descrito no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/4456

 

CHROMA KEY

O colexio aproveitou uns taboleiros que tiñamos e mercamos a pintura específica para o Chroma para facer un pequeno set onde poder poñer en práctica o aprendido.

Aquí tedes algúns exemplos. 

1. O polbo e o mar

 

 

2. Telexornal o Xogo Popular

3. O xogo da Mariola

 

VISITA DE PERE TOBARUELA

"Cinco horas con Mauro" é un libro que trata sobre o acoso escolar, lectura que forma parte do itinerario lector de 5º e 6º EP. O propio autor compartirá unha sesión co alumnado o día 14 de marzo.

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para conmemorar o Día Internacional da Muller publicamos na nosa radio escolar, Radio Buxaina, a entrevista que lle fixeron os nenos e nenas de 6º EP a Patricia Barciela, directora da DOMUS, museo interactivo do corpo humano. 

E tamén preparamos unhas caixas temáticas con libros sobre igualdade, loita contra os estereotipos, revisión de contos populares... 

Ademais podedes consultar o catálogo sobre igualdade da nosa biblioteca no seguinte enlace:

LECTURAS IGUALDADE

 

ATOPA UN LIBRO DA TÚA IDADE

No mes de xaneiro, desde a biblioteca, fixemos a proposta de buscar libros do ano de nacemento dos usuarios e usuarias da biblioteca escolar. Esta actividade ten como obxecto saber localizar datos no libro, fixándonos no ano de edición. Foi unha actividade que tivo moita aceptación como poderedes ver na imaxe do noso corredor, decorado con todas as fotos dos libros atopados. 

PFPP F2331070 CURSO 2023-2024

PFPP 2023/2024 15024938 - CEIP de Esteiro

Actividades relacionadas:

  • F2306182 - PFPP F2331070 O centro educativo como espazo inclusivo

Obxectivos:

1.  Analizar e actualizar a documentación do centro en relación coa atención á diversidade.

2.  Formar aos docentes en metodoloxías de prácticas inclusivas que favorezcan a accesibilidade.

3.  Aprender a empregar sistemas alternativos e aumentativos de comunicación alternativos co alumnado con NEE.

Contidos:

1.Identificación de barreiras (físicas e metodolóxicas) que impiden a accesibilidade dos procesos de ensino e aprendizaxe.

2.Metodoloxías e recursos (sistemas aumentativos e alternativos de comunicación) que favorecen e permiten a accesibilidade.

3.Análise da normativa referente á atención á diversidade e inclusión no centro educativo.

  • F2306181 - PFPP F2331070 Polos creativos

Obxectivos:

1.  Poñer en práctica o Polo creativo do centro.

2.  Organizar o espazo adicado ao Polo.

3.  Elaborar actividades que impliquen á comunidade educativa.

Contidos:

1.Uso da radio escolar para a difusión de podcasts do centro.

2.Uso e aplicación do croma na aula.

3.Creación de actividades cos materiais do polo (plotter, impresora 3D, etc).

  • F2301074 - PFPP F2331070 Sistemas alternativos e aumentativos de comunicación

Obxectivos:

1.Promover a atención educativa axustada ás necesidades individuais do alumnado con necesidades educativas especiais.

2.Capacitar ao profesorado para a implementación do sistema alternativo e aumentativo de comunicación AsTeRICS Grid.

3.Xestionar o coñecemento e aplicar a formación en cascada sempre que sexa necesario co novo profesorado.

Contidos:

1.Atención educativa do alumnado con NEE.

2.Sistema Aumentativo e Alternativo de Comunicación AsTeRICS Grid.

3.Xestión do coñecemento existente sobre SAAC.

Liñas de traballo e Itinerarios :

    • Competencia didáctica

  + Polos creativos
      -Coordinador/a : Rial Mosteiro, Patricia

    • Competencia en educación inclusiva e coeducación

  + Inclusión educativa
      -Coordinador/a : Cives Negreira, Sara

Distribuir contido


by Dr. Radut