Skip to Content

 

   

Escolares, Complementarias, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Ed. infantil, Idioma estranxeiro, Matemáticas

GNIGHT - A NOITE DAS CONCIENCIAS CIENTÍFICAS

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participará na GNight este 27 de setembro de 2024 nos seguintes obradoiros:

1. [Unha viaxe do asfalto ao mar: ensaiando motores eléctricos e redes de pesca sen saír do laboratorio]

2. [Obradoiro de Matemáticas] 

3. [Obradoiro de Robótica Intelixente]

 

Para máis información ver a páxina oficial GNIGHT

 

 

As familias tamén podedes asistir en horario de 17 a 20 h, de xeito particular: na web https://gnight.gal/ pódese acceder á programación completa das 7 cidades galegas e as invitacións para asistir aos obradoiros tecnolóxicos do CITENI no Campus Industrial de Ferrol, en horario de tarde, descárganse aquí: http://citeni_udc.eventbrite.com.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES - CALENDARIO DE ACTIVIDADES FINAIS

CALENDARIO DAS EXHIBICIÓNS DE FIN DE CURSO

MARTES 28

PATINAXE (unicamente o grupo de patinaxe do martes) A exhibición se levará a cabo nos últimos 30 MINUTOS de actividade no propio pavillón. 

MÉRCORES 29

PATINAXE (unicamente o grupo de patinaxe do mércores) A exhibición se levará a cabo nos últimos 30 MINUTOS de actividade no propio pavillón.

XOGANDO COA CIENCIA (unicamente o grupo de ciencias do mércores) A exposición se levará a cabo nos últimos 30 MINUTOS de actividade na propia aula.

XOVES 30

BAILE. A exhibición terá lugar nos últimos 20 MINUTOS de actividade no propio pavillón.

VENRES 31

TEATRO (unicamente o grupo de teatro do venres)A exhibición terá lugar nos últimos 30 MINUTOS de actividade na propia aula. 

O grupo de TEATRO dos xoves. Realizará o peche de curso no Teatro con G.

Por último, quería pedirvos a vosa colaboración na difusión das exhibicións de cara ás familias. As monitoras avisarán ás familias os últimos días de actividade, pero se tedes algunha forma de avisalas vós tamén e recordarllo, o agradecería enormemente.

OS MAIOS

Un ano máis grazas á participación de toda a comunidade educativa logramos facer un maio á altura do noso xogo popular.

Noraboa a todos/as polo gran traballo.

 

XOGOS INCLUSIVOS

O centro segue catalogando material que contemple a igualdade e a inclusión para o uso nas aulas.

Na biblioteca temos unha serie de recursos (xogos) novos que podedes consultar a través do acceso aos fonfods da biblioteca do centro EDUBIB Koha (xunta.gal).

 https://ceipesteiro.edubib.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-shelves.pl?op=view&shelfnumber=956&sortfield=title

Tamén tedes a relación dos xogos no documento adxunto. 

FEIRA DO LIBRO EN FERROL

O Concello de Ferrol organiza a Feira do Libro dende o 19 ao 21 de abril.

No adxunto tedes o cartaz dispoñible.

BAXI FERROL - VISITA AO CENTRO

O 10 de abril tivemos a sorte de recibir a visita dalgúns membros do equipo de baloncesto feminino da nosa cidade, o BAXI FERROL.

Compartiron un rato con todo o alumnado do centro, contestando a todas as dúbidas e consultas que lle fixeron; e por riba ao rematar practicaron uns tiros as canastas.

Grazas pola visita e sorte neste treito final do campionato.

 

DÍA DA INTERCULTURALIDAD 2024

O centro adica tódolos anos unha xornada á INTERCULTURALIDADE para visibilizar que vivimos nun mundo multicultural que inflúe e complementa a nosa educación como membros dunha comunidade escolar. 

 

Este ano adicamos esta data a UCRAÍNA.

ENTROIDO 2024

Xa estamos a voltas co entroido deste ano 2024 e aproveitando a proximidade dos xogos olímpicos, imos disfrazarnos de atletas de distintas modalidades deportivas.

     

 

Ante a posibilidade de choiva para o día do Entroido, este trasládase ao pavillón.

As familias entrarán no recinto do colexio ás 12:00 para situarse na grada do pavillón e nos laterais fóra da pista.

O alumnado irá entrando no recinto e se colocará nos espazos marcados para o desfile.

Ao rematar voltarán ás aulas cos/as titores/as e soamente poderá ser recollido o alumnado que entregou a autorización.

DÍA DA PAZ - CARREIRA SOLIDARIA POLA PAZ

Éxito absoluto, grazas a toda a comunidade por participar nesta acción de vital importancia para a nosa cidade.

 

O  centro participará o martes 30 de xaneiro nunha carreira solidaria pola paz, onde recaudará alimentos para a Cociña Económica de Ferrol. 

O alumnado e profesorado sairá en quendas de tres participantes (EP6-EP3-EI4 / EP5-EP2-EI5 - EP4-EP1-EI6) e fará unha volta arredor do pavillón polideportivo coa entrega de 1 Kg dun alimento non perecedeiro por volta. 

Para lograr o noso obxectivo precisamos que as familias aportedes ese día un alimento non perecedeiro (leite, legumes, pasta, etc), que traeran pola mañá para depositar tras a carreira e para concienciar á comunidade educativa da importante labor que se fai dende a Cociña Económica.

Agradecemos a vosa colaboración. 

CONCELLO DE FERROL - MARCHAS CICLISTAS

O Concello de Ferrol está organizando unhas marchas populares en bicicleta.

Pinchade no enlace para acceder ás datas. 

ENLACE

Distribuir contido


by Dr. Radut