Somos artistas

Moving Paper Cars

 

Pincha na imaxe

Dripped: Na busca de inspiración

Paul Jackson Pollock, tal o seu nome completo, nacido en 1912 e falecido en 1956, foi a figura máis importante do movemento coñecido como expresionismo abstracto, corrente nada da man do pesimismo desencadeado pola guerra. O estilo polo que é coñecido Pollock é o chamado Action Painting. Este método, levado a cabo mediante o emprego da técnica dripping, consiste en deixar "pingar" libremente a pintura sobre o lenzo. Xustamente "Dripped" chámase o curto dirixido por Léo Verrier e producido por Chez Eddy, o cal explora a procura da "voz creativa" de Pollock. Nun mundo tinguido de sepia, no que os homes vestían traxes de corderoy marrón e camperas de veludo, o artista trata de atopar a forma de encaixar cos grandes mestres nas galerías e museos da Gran Mazá.

 

Distribuir contido