Bolsas e axudas

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar Curso escolar 2022/23

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022 (ambos incluidos).

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2022/23, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso.

Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, na que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2022/23.

No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro. 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B - Anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros 

https://www.edu.xunta.es/fondolibros

a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, 

https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

DOCUMENTACIÓN

Anexo I (debidamente cuberto e coa documentación complementaria necesaria: certificado acreditativo do grado de discapacidade, violencia de xénero...)

Anexo II (autorización dos membros da unidade familiar, agás o solicitante)

Solicitude: Anexo I e II

Para consultar a Orde do DOG, premede AQUÍ.

_______________

Axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

 

Aberto o prazo para solicitar axudas para o curso 2022 - 2023.

Prazo: do 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022.

Dirixido a persoas que presentan unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións:

  • Discapacidade.
  • Trastorno grave de conducta ou da comunicación e da linguaxe.
  • Trastorno do espectro autista.
  • Altas capacidades.

 

Como solicitar a axuda:

Todo o proceso de solicitude de bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional. Unha vez cuberto, terás que imprimir o formulario de solicitude (un PDF) e presentalo no centro educativo onde vaias cursar, se non tes certificado electrónico.

 

Para máis información preme aquí.

Convocatoria NEAE - curso 2022-2023.

Distribuir contido