Cousas nosas

Xadrez

Vivimos en terra de eguas e cabalos, non?

Que mellor maneira de comezar a xogar ao xadrez. ;-)

Alguén coñece a estes dous refoxeiros?

Mira que levan feito viaxes no autobus escolar co paso dos anos.

A compaña perfecta para levar no asento do lado. 

 

Visitas importantes

A visita das/os refoxeiras/os que temos xa no CPI do Rosal énchenos sempre de orgullo e quéntanos o  

Pinchade na imaxe para agrandala.

Visita guiada polo noso cole

Presentámosvos ás árbores que temos no patio. A que son unha marabilla...?

Promoción do 2010: Trasniñ@s que agora xa son homes e mulleres

O ano de Ecovoz... de subir a Vigo nos coches das nais e dos pais... o dos nervios, alegrías e apertas de oso cada vez que pasaban unha proba... de decepción superada antes de chegar ao bus de volta o día da grande final porque o que queriamos xa estaba conseguido: unha excursión á Coruña para todo o mundo... 

A Domus... o friiño que pasamos cando tivemos que comer á intemperie na porta do edificio soamente o sabemos nós... como desfrutamos recorrendo unha e outra vez todas as salas... Velaquí algunhas fotografías daquel día...

Distribuir contido