Descubrimos o mundo, Oia, Galicia, España, Europa, O Mundo Enteiro, Mapas Interactivos

A Costa da Morte

in

Xordania desdo o aire

Canto vale este billete?

Pincha na imaxe.

Obradoiro Millo Verde SlowFood: Recuperación do millo corvo en Torroña

 

"Con este proxecto tamén queremos contribuír a poñer en valor o ámbito rural e a vida no rural, recorrendo á tradición, pero con criterios contemporáneos" (Eva Cañizares)

 

 

 

Obradoiro Millo Verde SlowFood manten as súas instalacións e principais espazos de traballo no lugar de Torroña, nun esforzo adoptado de modo consciente polas súas tres impulsoras, co fin de poñer o seu grao de area contra o despoboamento e desertización do rural galego.

O proxecto ten unha xénese eminentemente feminina, coas súas tres impulsoras iniciais, mais tamén é ás mulleres rurais, en primeiro telo, que se apela para momentos en que é precisa colaboración e serán elas quen teñan prioridade se no futuro o proxecto precisa máis brazos a traballar.

Reducir ao mínimo o impacto ambiental negativo das súas actividades está entre as prioridades do Obradoiro Millo Verde SlowFood, algo que non só ten que ver coa protección dos recursos para as futuras xeracións, senón tamén coa saúde e benestar das actuais.

Neste sentido, o proxecto garante a non utilizar produtos transxénicos no proceso nin nos alimentos comercializados; e tamén o non recurso a aditivos artificiais. Quizais sexa máis a aposta pola utilización do millo corvo, (pego ou meiro) o elemento máis orixinal deste compromiso co ambiente. O millo corvo, cuxa existencia en Galicia se ten constancia dende o ano 1618, está a coñecer un período de recuperación tras a súa case desaparición do noso país.

Segundo un estudo feito público no ano 2013 pola Misión Biolóxica de Galicia, do Consello Superior de Investigacións Científicas, trátase dunha variedade de valor nutricional particularmente relevante debido a que supera as demais no seu contido de antioxidantes.

 

FONTE: http://telemarinas.com/apuestan-en-femenino-para-lograr-la-recuperacion-del-millo-cuervo-en-oia/

 
Millo Verde,

Oia existe 2015

Pincha nas imaxes.

Os petróglifos de Oia

in

Pincha na imaxe.

Petróglifo de Boaventura en Burgueira.

Oia celebra o 16 de maio o Día das Letras Galegas

in

ACAMO, en colaboración coa Comunidade de Montes de Oia, invita á todas aquelas persoas que se queiran achegar a casa da cultura de Oia a celebración do dia das letras galegas.

Pincha na imaxe.

Distribuir contido