Somos científic@s

80 anos sen o premio Nobel Santiago Ramón e Cajal

"Posto que vivimos en pleno misterio, loitando contra as forzas descoñecidas, debemos, "no posible", esclarecelo. Concluído o noso labor, seremos esquecidos como a semente no suco. Pero algo nos consolará, e será que os nosos remotos descendentes nos deberán un pouco da súa dita, e que grazas ao noso esforzo o mundo resultará algo máis agradable e intelixible"

 

Pincha na imaxe.

Aprendemos como traballar coa PDI

 

 

 

 

Que é un implante coclear?

O implante coclear estimula artificialmente a área do oído interno con sinais eléctricos e envía eses sinais ao nervio auditivo, permitindo oír o usuario. Se ben a calidade do son dun implante de cóclea é diferente á que perciben as persoas con audición normal, o implante de cóclea dálles aos pacientes a capacidade de escoitar sons que non poderían escoitar doutro xeito.

Pincha na imaxe.

Así se fan as ceras?

Que é o fracking?

 

Problemas que causa o "fracking"

A técnica de extracción de gas non convencional denominada fracking leva anos aplicándose en varios países, sobre todo en Estados Unidos, onde se constataron unha serie de problemas asociados a este tipo de explotacións. Entre os problemas que causa o frackingal ámbito das explotacións onde se emprega esta técnica podemos destacar:

Contaminación das augas superficiais e subterráneas.
Contaminación do aire.
Afeccións á saúde humana.
Alteracións da paisaxe e o terreo.
Contaminación de chans ao pechar os pozos.
Risco sísmico.

Distribuir contido