Películas compartidas

El Estudiante

Un home de 70 anos decide unha vez xubilado voltar á universidade. Alí atopa mozos e mozas que están comezando a voar sós e están aínda un pouco desorientados. Chano chega ás aulas para estudiar literatura e remata axudando a vivir e a atopar o norte aos seus compañeiros.

Unha película emotiva e real, nunca deixamos de aprender cousas novas, incluso cando pensamos que estamos no outono da nosa vida como o protagonista sempre hai unha razón para seguir ahí, por nós e pola xente que apreciamos.

Os nosos maiores son a maior riqueza que temos, a súa experiencia, a mirada coa que ven chegar os acontecementos agradables y menos agradables son leccións que sempre debemos aproveitar.

Se tedes a oportunidade de ver a película completa non o dubidedes... vale moito a pena.

 

Todos os camiños levan a casa

Esta é unha desas películas que desgraciadamente é difícil atopar nas carteleiras dos cines. A distancia entre distintas xeracións dentro da familia redúcese con facilidade cando nos damos conta de que a maior parte das cousas materiais que consideramos imprescindibles son totalmente superfluas.

Un neto mimado ata o máis mínimo capricho...

Unha avoa que leva ás costas toda unha vida de sacrificio e traballo duro...

É outra cultura pero... realmente son tan distintos de nós?

 

A Escola das Areas

Está baseado nun texto de Frei Martín Sarmiento. Frei Martín Sarmiento vén a Pontevedra para buscar un remedio para a variola. Alí discute cun mestre sobre a necesidade de lles ensinar aos nenos o galego. Para demostrar a súa tese en favor do noso idioma, Sarmiento aposta que pode ensinarlle a un rapaz, Alfonsiño, a ler e escribir en tres días co seu propio método educativo.

Binta e a grande idea

Esta curtametraxe de Javier Fesser forma parte da película "No Mundo a cada anaco", na que cinco directores mostran a súa visión sobre distintas realidades que afectan á infancia e polas que UNICEF traballa en todo o mundo. Rodada en tres localidades ao sur de Senegal en 2004, Binta e a grande idea mostra algúns dos problemas aos que se enfrontan os nenos e nenas en áÁfrica subsahariana, dende a mirada inocente e optimista de Binta. O 22 de xaneiro de 2007 foi nomeado ao Oscar á Mellor curtametraxe.

Binta ten sete anos, vive nunha preciosa aldea xunto ao río Casamance, no sur de Senegal, e vai ao colexio. A súa prima Soda non ten a mesma sorte. A ela non se lle permite aprender as cousas que ignora deste mundo. Binta admira ao seu pai, un humilde pescador, que, preocupado polo progreso da humanidade, está empeñado en levar a cabo algo que se lle ocorreu.

 

 

 

 

Curta de debuxos animados: Oscuro Cardinal

OSCURO CARDINAL
(Sinopsis)

Tras unha longa viaxe, cruzando distintas paisaxes dous nenos  o seu pai  chegan a unha casa campestre destinada a ser o seu novo fogar. Os rapaces, ansiosos por xogar, abandonan a seu pai correndo cara un denso bosque para xogar “guerrita”. Inmersos no xogo, disparando e esquivando balas de mentira, chegan a descobrir os vestixios dun tanque de guerra. Emocionados, corren a explorar a área onde se atopa o tanque, lugar onde unha vez se desatou un terrible combate. Envoltos nunha serie de inexplicables eventos, os nenos aprenderán unha lección sobre o que realmente é unha guerra. Pincha na imaxe.

 

O home que plantaba árbores

Hoxe queremos compartir con vós unha curta de animación que atopamos por casualidade na rede e nos chamou moito a atención porque é unha historia ben bonita.

Fala de como a soa vontade dunha persoa pode cambiar o mundo que ten ao seu arredor.

Dedicámoslla ás rapazas e rapaces que participaron nas plantacións escolares todos estes anos, para que podan compararse co protagonista e que cando sexan adult@s se sintan orgullos@s de ter participado na recuperación e conservación do entorno natural para os seus fill@s e nent@s.

Agardamos que vos guste.

Distribuir contido