Coñecemos e coidamos a natureza, Ecoloxía, Animais, Plantas

21N Obradoiro "Quen vive aí?" en Primaria

21/11/2019 12:00
Europe/Madrid

Coa axuda de sinxelos capturadores de fauna, material de aumento e chaves dicotómicas, realizarase a identificación de invertebrados presentes no composteiro, sinalando a súa función no proceso da compostaxe.

14N Obradoiro "Poñendo en marcha o composteiro"

14/11/2019 12:00
Europe/Madrid

Instalación e posta en marcha do segundo composteiro do colexio. Manexo, rexistro de parámetros (volume, temperatura, interpretación dos datos) e solución de eventuais problemas.

 

8N Obradoiro "Xardín dos bichocos" en Infantil

08/11/2019 12:00
Europe/Madrid

A través da pandilla dos Bichocos e recursos didácticos orgánicos e sensoriais, o alumnado de ensino infantil poderá coñecer o proceso da compostaxe.

Homenaxe á nosa árbore coello

in

Árbore coello nunca te esqueceremos...

Unha de cada cinco das aves mariñas morre por mor da inxestión de globos

in

Segundo un novo estudo publicado na revista  Scientific  Reports por parte de  Lauren  Roman, estudante de doutoramento de  IMAS- CSIRO, e os seus colegas, os globos ou fragmentos de globos son os refugallos mariños con maior probabilidade de causar mortalidade especies mariñas salvaxes, matando a case una de cada cinco das aves mariñas que os inxeriron.

 

Pincha na imaxe para máis información.

Rematamos a actividade de observación e rexistro da xerminación de sementes

in

Hoxe fixemos a última sesión do traballo de observación e rexistro do proceso de xerminación de tres tipos de sementes que comezamos en xaneiro: garavanzos, fabas e lentellas. Fixeramos dous grupos a un botaramoslle un pouco de auga (A) e ao outro non (B). As diferenzas foron significativas.

 

Illas de plásticos no mar

Antes de mercar algo...

Reciclar xa non é suficiente

A única maneira válida de que os plásticos non acaben nos océanos, nos ríos e nos montes é non levalos a casa elixindo sempre que se poda produtos con envases biodegradables

Formación do froito

in

Distribuir contido