Apostamos pola aula virtual como espazo de traballo compartido

Durante esta última semana a nosa capacidade de adaptación aos cambios foi posta a proba de mil xeitos diferentes tanto na vida privada como na laboral. A nova situación fixo imprescindible que aprendesemos a marchas forzadas a desenvolvernos nun entorno novo, o virtual, que sen dúbida vai ir evolucionando e mellorando grazas á experiencia práctica ao longo dos próximos meses.

Ata o de agora eramos unha comunidade que interacionaba nun punto de encontro físico, o edificio escolar, nestes momentos de illamento ese papel vaino ir empezando a xogar a Aula Virtual.

Nós somos, pola idea común que temos do que debe ser a educación e por traballar do xeito no que traballamos, mestres e mestras de todo o noso alumnado e non so do das nosas titorías. Debemos polo tanto estar dispoñibles e abrir vías de comunicación con todas as familias. A aula virtual vainos permitir restablecer eses vínculos a pesar da distancia física que nos separa.

Son consciente de que co paso dos días cada un e unha de vós fostes desenvolvendo formas diferentes e igualmente válidas de afrontar a situación. Nos vos pido en absoluto que abandonedes recursos e rutinas que funcionan, so vos pido que fagades un esforzo máis, o de adaptalos á plataforma común. Porque compartir as nosas experiencias vainos enriquecer a todos/as: alumnado, profesorado e familias.

Contade comigo para atopar solucións aos primeiros tropezos.

Moitas grazas pola vosa profesionalidade e bo facer.

A dirección.

https://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/aulavirtual2/pluginfile.php/5640/mod_resource/content/2/websdinamicas-guia-rapida-do-profesorado_v01.pdf