Blogue

Celebramos o 23 de Abril

Nin Pandemia, nin Coronavirus, nin nada de nada... non nos imos quedar sen celebrar o 23 de abril.

Así que en cada clase fixemos un conto no que tiñamos que incluír unha serie de obxectos elixidos ao chou, e despois, xa que somos moi creativ@s, puxémonos a ilustrar o conto.

Aquí vos deixamos os traballos que fixemos e que están expostos no corredor da Biblioteca para que os vexa don DinoSabio. Dentro duns días recollerémolos e faremos un libro para que poda percorrer todas as clases do colexio.

As mulleres na nosa Biblioteca

Achegámovos unha foto da exposición dos libros adicados ás mulleres que temos no corredor de entrada á biblioteca.

A Olimpíada do Saber volve!!!!

Este ano volve, como non podía ser doutro xeito, a Olimpíada do Saber.

Como estamos en tempos de Pandemia temos que ter unhas novas normas, así que prestade atención:

  1. Entramos na aula virtual co noso nome de usuario e o contrasinal.
  2. Accedemos á sección da Biblioteca Escolar e nela ao curso da Olimpíada do Saber.
  3. Na primeira lección tedes a tarefa desta semana, e cada semana deste mes de marzo teredes unha nova para ir contestando.
  4. No apartado para escribir teredes que poñer a letra dos enigmas e a resposta correcta.

Podedes, igual que o ano pasado, facer o enigma en familia (coidado, que vos axuden, non vale que vos fagan todo o traballo, eh!!!).

Por cada resposta correcta terás un punto, así que cada semana podes ter ata 4 puntos.

Anímate e participa!

O Día de Rosalía

Coma todos os anos, neste ano da pandemia tamén celebramos á nosa Rosalía, oíndo os seus poemas coa música que lle puxeron algúns autores galegos.

Tamén fixemos unha ofrenda de verbas que a definían a ela coma muller e poeta galega.

Velaí esta foto de como quedou este mural colaborativo, no que participaron todas as aulas do colexio.

Protocolo da Biblio

Agora que comezamos a andar xa dun xeito máis seguro nesta volta ao colexio, é o intre de abrir e aproveitar os recursos da Biblioteca.

Para iso seguiremos as normas e recomendacións que vos presentamos aquí:

 

Ata sempre Mafalda!

Hai uns días que nos deixou Quino, o inigualable autor de Mafalda, esa eterna defensora das causas perdidas. Mafalda, si, esa meniña do laciño no seu pelo negro que nos fixo reflexionar sobre este mundo que temos construído.

Mafalda defendeu a igualdade, os dereitos da muller e dos cativos, a xustiza, a honradez, os dereitos das clases populares e a saúde da nosa Terra.

Con Guille, o seu irmá, e cos seus amigos Miguelito, Susanita, Felipe, Libertad e Manuelito nos anima a ver o mundo con outros ollos, a comprender aos demáis e a comprendernos a nós mesmos, a tomar conciencia e a actuar.

Deixámos aquí un recurso para que releamos algunhas das súas historias.

Grazas Mafalda.

Grazas Quino.

 

poema 1ºB by Xoaquín Freixeiro on Scribd

Don Dinosabio anda polas paredes

Pois si, Don Dinosabio está que se sube polas paredes... para ler a nosa literatura.

Estes días estivemos a pintar nas paredes da Biblioteca un pequeno mural onde Don Dinosabio repousa nunha rima de libros formado cunha escolma de textos que nos poden facer pasar unha temporada ben entretida desfrutando do mellor da nosa literatura.

E aí mesmo vos estará a esperar para cando, no vindeiro setembro, nos volvamos a ver no colexio.

Velaquí tedes unha reportaxe gráfica do proceso.

Ata setembro... botámovos de menos!

Coñece a Biblioteca dixital

A Asesoría de Biblioteca sigue mellorando o catálogo e a accesibilidade da Biblioteca Dixital de Elbe-2.

Segue os enlaces dos códigos QR e descubrirás que podes ler durante estas vacacións.

Powered by Drupal - Design by artinet