You are hereBlogues / blogue de quinif / Don Dinosabio anda polas paredes

Don Dinosabio anda polas paredes


By quinif - Posted on 01 Xullo 2020

Pois si, Don Dinosabio está que se sube polas paredes... para ler a nosa literatura.

Estes días estivemos a pintar nas paredes da Biblioteca un pequeno mural onde Don Dinosabio repousa nunha rima de libros formado cunha escolma de textos que nos poden facer pasar unha temporada ben entretida desfrutando do mellor da nosa literatura.

E aí mesmo vos estará a esperar para cando, no vindeiro setembro, nos volvamos a ver no colexio.

Velaquí tedes unha reportaxe gráfica do proceso.

Ata setembro... botámovos de menos!

Etiquetas