Blogues

Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia do centro

Nas Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia do centro (NOFC) recollénse aspectos relacionados coa estrutura organizativa do centro, normas de funcionamento e coordinación dos órganos, o plan de convivencias, plan de acollida, dereitos e deberes...

Pódense consultar no seguinte adxunto.

 

Proxecto Educativo

O noso Proxecto Educativo (PE) é un documento que define a personalidade, marca os principios de identidade do centro e recolle as decisións asumidas pola Comunidade Educativa con respecto a aspectos educativos básicos e principios xerais para a organización e xestión do centro escolar.

Pódese consultar no seguinte adxunto.

 

RECITANDO A ROSALÍA

Para conmemorar o día de Rosalía de Castro, entre outras actividades, o alumnado de 4º foi á radio a gravar dous dos seus poemas. Primeiramente, practicamos a lectura e entoación dos mesmos na aula, para despois recitalos ante xs compis de todo o cole o día da celebración. 

Agardamos que vos guste o resultado!!

 

 

O tempo en febreiro

Durante este mes de febreiro, o alumnado de 2º foi o encargado de observar o tempo.

As nosas tarefas foron:

- Revisar a primeira hora da mañá a caseta meteorolóxica para ver as temperaturas máximas e mínimas, o pluviómetro para ver as precipitacións, o barómetro para ver a presión do aire, o higrómetro para ver a humidade ambiental.

- Observar a herba por se hai orballo e comprobar a dirección do vento.

- Ter en conta calquera outro meteoro: néboa, calixe, sarabia, treboada...

A continuación rexistramos todos eses datos no corredor do Bibliocastelo, na sección de Meteoescolas.

Ademais, na aula, realizamos un rexistro das luadas do mes de febreiro, observando a lúa diariamente.

Gustounos moito ser os encargados do tempo e estamos desexando que chegue maio para volver a ser Meteorólogos e Meteorólogas!

SÓ É PUBLICIDADE?

Esta semana o alumnado de sexto participou nun obradoiro sobre a publicidade. Algo que pode pasar desapercibido, pero que é máis importante do que ás veces pensamos.

Dando nova vida aos residuos

Hoxe veu visitarnos Manolo, de PONTE A ZERO, para concienciarnos sobre a importancia das 3 R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.

Deunos ideas dalgunhas actividades que podemos realizar na nosa casa con material reutilizable como poden ser un teléfono con dous botes de plástico e un fío, decoracións de polispán para o Nadal ou calquera festividade, un amplificador de volume para o móbil…

Despois, realizamos unha manualidade con caixas de galletas e un par de gomas. Unha maneira moi divertida de dar nova vida a eses materiais que se ían a desbotar, iso si, cada un no seu contedor para reciclar.

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - ADIÓS RÍOS ADIÓS FONTES EN LSE

Co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro, a intérprete do noso centro, Rosa Louro, foi gravando a tódolos grupos do cole mentres signaban este podema tan coñecido: Adiós ríos, adiós fontes. Grazas Rosa!!!

 

 

 

Entrevista a David Gómez

Hoxe tivemos unha gran visita: DAVID GÓMEZ.

David é un deportista que ten unha ampla carreira deportiva no mundo do fútbol e que, nos últimos anos,  se adica a ser adestrador. Ademais de adestrar a equipos da nosa vila, estivo no corpo técnico dos equipos base do F.C. Barcelona e, actualmente, está co-liderando a SELECCIÓN DE FÚTBOL DE BANGLADESH.

Deunos unha charla na que nos demostrou que se tes un soño hai que loitar e traballar duro para conseguilo. Falounos da importancia do deporte na súa vida e como a el estalle dando grandes oportunidades, como viaxar arredor do mundo. En todo momento destacou a importancia de rodearse de boas persoas que se convertiron nos seus amigos e familia. 

Estes días, o alumnado de 5ºA e 5º B estivemos preparando a súa visita: lemos noticias súas en xornais, preparamos preguntas que nos gustaría facerlle, fixemos un guion para entrevistalo na radio do cole... Logo da charla a todo o grupo, Sabela, Dani, Daniela e Javi fixéronlle unha entrevista na radio, e Rubén gravou un vídeo para inmortalizar este momento tan especial. A profe Marta axudounos na gravación.

Grazas a todxs, e especialmente a ti, David, por compartir o teu tempo con nós!

ESTRAGO DE ALIMENTOS

Hoxe recibimos a visita de Marcelo., persoa enviada pola Deputación de Pontevedra dentro do programa PONTE A ZERO.

Seguindo coa nosa preocupación polos temas medioambientais e sociais, Marcelo veunos falar do estrago alimentario.

 

Esta charla veunos moi ben para facernos conscientes da sorte que temos de vivir nun país rico, pero tamén para lembrar que estragamos moitos alimentos mentres outros lugares non teñen que comer.

Volvemos recordar que o maís importante é Reducir o consumo, despois Reutilizar e por último Reciclar.

 

 

Distribuir contido