blogue deAinhoa Suarez
REUNIÓN INICIO DE CURSO
Enviado por Ainhoa Suarez o Mar, 17/09/2024 - 18:48Podedes ver a presentación da reunión de familias a continuación:
DÍA DA LINGUA DE SIGNOS 2024
Enviado por Ainhoa Suarez o Xov, 20/06/2024 - 10:07O 13 de xuño celébrase o Día Internacional da Lingua de Signos. Con tal motivo a nosa intérprete Rosa gravou este vídeo co alumnado co centro. Grazas tamén á mestra de música Elsa, por deixarnos empregar a súa canción PRESENTIMENTO.
PROXECTO OS RÍOS
Enviado por Ainhoa Suarez o Ven, 22/03/2024 - 12:00Este trimestre o alumnado de 4º estivo traballando no PROXECTO OS RÍOS.
Como produto final, realizaron unha presentación que recollía a información indagada ao longo destes meses. Unha vez exposta aos seus compañeiros e compañeiras, foron á radio a gravala e así compartila con todo o mundo.
Agardamos que vos guste!!
RECITANDO A ROSALÍA
Enviado por Ainhoa Suarez o Lun, 04/03/2024 - 10:07Para conmemorar o día de Rosalía de Castro, entre outras actividades, o alumnado de 4º foi á radio a gravar dous dos seus poemas. Primeiramente, practicamos a lectura e entoación dos mesmos na aula, para despois recitalos ante xs compis de todo o cole o día da celebración.
Agardamos que vos guste o resultado!!
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - ADIÓS RÍOS ADIÓS FONTES EN LSE
Enviado por Ainhoa Suarez o Lun, 26/02/2024 - 18:14Co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro, a intérprete do noso centro, Rosa Louro, foi gravando a tódolos grupos do cole mentres signaban este podema tan coñecido: Adiós ríos, adiós fontes. Grazas Rosa!!!
FESTIVAL DE NADAL 2023
Enviado por Ainhoa Suarez o Mér, 27/12/2023 - 15:34Aquí tendes o Festival de Nadal celebrado nos últimos días de clase. Despois do traballo musical de todo o trimestre, este foi o resultado final. Grazas á profe Elsa pola organización, e ás demais persoas que participaron.
Agardamos que vos guste!!!
PANXOLIÑA EN LSE
Enviado por Ainhoa Suarez o Xov, 21/12/2023 - 10:12Ao longo destes últimos días de clase, a nosa intérprete, Rosa, gravou un videoclip en LSE co alumnado de 4º. Estou segura de que coñecedes esta divertida panxoliña... "Volver a casa por Nadal".
Agardamos que vos guste o resultado!!
ROTEIRO Á PRAIA DE PORTOMAIOR
Enviado por Ainhoa Suarez o Xov, 15/06/2023 - 15:36Onte fixemos un pequeno roteiro de sendeirismo ata a praia de Portomaior. Saímos do cole á primeira hora da mañá, e comezamos vendo o peirao de Bueu. A profe Ami foinos explicando como era esa parte do noso pobo anos atrás, e descubrimos que había unha praia que ía dende Pescadoira ata a banda do río!
Despois pasamos polo clube de remo e baixamos á primeira praia: Petis. Alí comezamos a recollida de lixo, e comezamos a darnos conta da cantidade de cousas que algunhas persoas tiran ao chan, contaminando así o noso entorno natural.
Continuamos a camiñata pola praia de Loureiro, onde descubrimos unha rocha partida á metade, que marca a fronteira entre Bueu e Cela; e seguimos cruzando Agrelo ata chegar a Portomaior. Cando chegamos alí xa xuntaramos tres bolsas cheas de lixo!
Unha vez alí puidemos merendar e repoñer forzas para escoitar a interesante charla que nos deu Suso, da asociación ecoloxista ANDUXÍA. El explicounos un montón de cousas sobre o ecosistema da duna, aínda que despois do proxecto que estudamos este curso, había algunhas que xa coñeciamos.
Por último, o profe Jose Ángel preparounos algúns xogos na area. Acabamos moi moi cansos, pero pasámolo xenial.
CORRELINGUA EN MOAÑA
Enviado por Ainhoa Suarez o Xov, 25/05/2023 - 16:53Hoxe, o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria foi a Moaña a celebrar o CORRELINGUA, e reivindicar así o uso da lingua galega.
A xornada consistiu nunha xuntanza da meirande parte das escolas da comarca do Morrazo. Primeiramente, realizamos unha marcha dende a praia da Xunqueira ata o palco da música, onde lucimos os carteis coas palabras galegas que previamente preparamos nas aulas, mentres berrabamos o lema deste ano: NA CASA E NA ESCOLA, BOTA A LINGUA FÓRA!
Cando chegamos, tomamos a merenda mentres os compis dos outros coles se ían colocando na explanada. E por fin chegou o momento máis esperado: o concerto de Brais das Hortas e Peter Punk, que nos cantaron, entre outras moitas, a xa coñecida canción de OSO DO COUREL.
No seguinte vídeo podedes ver as fotografías da excursión.
OBRADOIRO "QUEN VIVE AÍ"?
Enviado por Ainhoa Suarez o Xov, 04/05/2023 - 15:54Como sabedes, este trimestre estamos levando a cabo un proxecto sobre ECOSISTEMAS. Con tal motivo, tivemos un obradoiro relacionado cun dos niveis máis importantes das cadeas tróficas: OS DESCOMPOÑEDORES.
Na primeira sesión nos falaron sobre a reciclaxe, e especialmente sobre a compostaxe, xa que no cole contamos cun composteiro, e alí é onde viven os bichiños e microorganismos que se encargan de descompoñer todo o que atopan.
Xa na segunda sesión do obradoiro, veu a parte máis interesante… Fomos ao composteiro a recoller unha mostra de compost, e a repartimos nas caixas que tiñamos en cada un dos equipos da aula.
A continuación, axudándonos dos pinceis e lupas que nos deron e comezamos a buscar seres vivos. Atopamos moitos bichos bola, ovos de insectos, sementes, vermes… e os observamos a través do microoscopio.
Nas fotos podedes ver o moito que traballamos!