Blogues de E. Primaria

OLIMPIADAS DE PAPIRUS

 

Durante o terceiro trimestre, nas clases de Educación Física, os nenos e nenas de 1ºB levaron a cabo, baixo o lema olímpico “ Citius, Altius, Fortius” (máis rápido, máis alto, máis forte), distintas probas das Olimpiadas de Papirusvelocidade, resistencia, salto de altura e de lonxitude, salto á corda, carreiras de remudas, salto á comba, lanzamento de peso, vórtex...

 

 

 

Rematamos as Olimpiadas de Papirus cunha saída ao campo da Estacada, onde fixemos lanzamentos de xavelina.

 

 

Despois baixamos á praia da Banda do Río, onde realizamos diversos xogos na area: á pita circular, á partida, tiro á corda, carreiras de remudas, ao bordon e búsqueda do tesouro.

 

 

 

Voltamos ao cole cheos de ledicia e emoción!!!

 

 

Meteoescolas

O alumnado de 3º, coma cada ano, participamos na recollida de datos meteorolóxicos en dúas semanas do curso escolar.

Fomos ao inicio da xornada á caseta meteorolóxica no patio da escola para recoller a chuvia do pluviómetro e medir a cantidade que había, ademais das temperaturas máximas e mínimas.

Tamén realizamos un recopilatorio de refráns do tempo.

 Encántanos convertirnos en meteorólogos e meteorólogas por uns días!

DÍA DA LINGUA DE SIGNOS 2024

O 13 de xuño celébrase o Día Internacional da Lingua de Signos. Con tal motivo a nosa intérprete Rosa gravou este vídeo co alumnado co centro. Grazas tamén á mestra de música Elsa, por deixarnos empregar a súa canción PRESENTIMENTO. 

 

 

CONTACONTOS

Onte o avó de Aldán e o seu mono viñeron a visitarnos para un contacontos. Relataron historias que lle pasaron á súa antepasada : Natalia a mataogros, que tamén foi a mata tiburóns. Relatos incribles de tempos pasados.

Mil gracias pola visita, foi un placer recibilo e escoitalo!

ROTEIRO POLO RÍO BISPO

Para rematar o proxecto das plantas, os terceiros fomos nunha camiñata pola beira do río Bispo. Recollemos un montón de follas e flores para clasificalas na clase.

Ao rematar, merendamos no parque e xogamos un bo rato aproveitando o día solleiro.

Foi unha mañá moi divertida! 

Ollade o seguinte vídeo.

PROXECTO OS RÍOS

Este trimestre o alumnado de 4º estivo traballando no PROXECTO OS RÍOS.

 

Como produto final, realizaron unha presentación que recollía a información indagada ao longo destes meses. Unha vez exposta aos seus compañeiros e compañeiras, foron á radio a gravala e así compartila con todo o mundo.

 

 

Agardamos que vos guste!!

 

 

A de Astrónomas

Con motivo da celebración do día Internacional da Muller (8 de marzo), os terceros realizamos unha visita ao Museo Massó onde ofertaban o taller “Con A de astrónomas”, no que se abordou a importancia da achega de diferentes mulleres astrónomas que foron esquecidas. Desde Hipatia de Alexandría no século IV ata o século XIX co grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard as cales fixeron grandes descubrimentos que cambiarían o rumbo da astronomía. Construimos o noso propio planetario para levar para casa!

Tamén realizamos a visita ao museo, onde ademáis de contarnos a historia da factoría conserveira e a actividade pesqueira, explicáronnos a importancia e as desigualdades do traballo das mulleres naqueles tempos. Impactounos ver nenas e menos da nosa idade traballando naquel entonces.

 

TEATRO AFUNDACIÓN E MUSEO

O martes 5 de marzo, a rapazada de segundo ciclo fomos a Pontevedra a ver a obra de teatro “Hugo” no teatro de Afundación.

Gañadora do Premio María Casares ao “Mellor espectáculo para o público infantil e familiar no ano 2022”, Hugo conta a historia dun neno que é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día e gústalle falar e as plantas. Aprenden, cunha chea de sensibilidade e empatía, a interactuar e ser amigos. Hugo fala da diversidade, da convivencia e da beleza de ser diferentes.

Tamén realizamos unha visita ao museo de Pontevedra. Os terceiros xogaron a ser detectives da arte: un cadro desaparecera e debían adiviñar quen fora o culpable. En canto aos de cuarto foron ver a parte da prehistoria no museo e ata luciron os torques daquela época!

Unha mañá moi instrutiva e divertida.

 

RECITANDO A ROSALÍA

Para conmemorar o día de Rosalía de Castro, entre outras actividades, o alumnado de 4º foi á radio a gravar dous dos seus poemas. Primeiramente, practicamos a lectura e entoación dos mesmos na aula, para despois recitalos ante xs compis de todo o cole o día da celebración. 

Agardamos que vos guste o resultado!!

 

 

Dando nova vida aos residuos

Hoxe veu visitarnos Manolo, de PONTE A ZERO, para concienciarnos sobre a importancia das 3 R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.

Deunos ideas dalgunhas actividades que podemos realizar na nosa casa con material reutilizable como poden ser un teléfono con dous botes de plástico e un fío, decoracións de polispán para o Nadal ou calquera festividade, un amplificador de volume para o móbil…

Despois, realizamos unha manualidade con caixas de galletas e un par de gomas. Unha maneira moi divertida de dar nova vida a eses materiais que se ían a desbotar, iso si, cada un no seu contedor para reciclar.

 

Distribuir contido