O CEIP Plurilingüe A Pedra de Bueu é un referente no Morrazo tanto a nivel educativo como de servizos complementarios que ofrece ao alumnado.
A ANPA xestiona o comedor escolar, o plan madruga, as actividades extraescolares, o banco de libros, a venda das prendas deportivas do centro, etc.
O presuposto anual da asociación, formada polas achegas de todas as familias socias, dedícase a mellorar os servizos que a ANPA oferta a todo o alumnado.
Vantaxes de ser socio da ANPA:
- Para poder utilizar o Plan Madruga, o Comedor Escolar e acudir ás actividades extraescolares é necesario ser socio da ANPA.
- As axendas escolares que se empregan desde 1º de primaria son a 3 € para os socios, e a 5 € para os que non o son.
- O chándal do centro tamén supón un aforro se eres socio.
- Na ANPA contamos cun banco de libros propio por se non eres beneficiario das axudas que dá a Xunta.
- Moitos comercios de Bueu fan desconto nos prezos se mostras o teu carné de socio.
- As familias que pagaron a cuota da ANPA en 4º, 5º e 6º de infantil reciben unha axuda para a excursión de fin de curso no último ano de infantil; o mesmo sucede se son socios nos últimos 3 anos de primaria, ao chegar a 6º recibirán unha axuda para a excursión de fin de curso.
Como facerse socio da ANPA:
É moi sinxelo; faise un pago anual de 15 € por familia ata o mes de setembro inclusive, o que permite obter o carné de socio e con él todas as vantaxes.
Número de conta da ANPA: ES87 2080 5017 5530 4000 1507
O pago farase por transferencia bancaria indicando o nome e apelidos d@/s nen@/s. A continuación enviarase un correo á ANPA indicando o nome de todos os fillos/as, un número de teléfono e unha dirección de correo electrónico de contacto para poder recibir información.
Teléfono: 608 521 190 (chamadas e whatsapp)
Correo electrónico: anpaapedra@hotmail.com