Blogues

DESCUBRIMOS OS MISTEROS DA METEOROLOXÍA

Este curso aprendemos a traballar no eido da METEOROLOXÍA!

Durante unha semana  tivemos que tomar nota das temperaturas, a presión atmosférica, a humidade, as precipitacións...

Fixémolo por partida dobre, en dúas épocas diferentes: entre xaneiro e febreiro e entre maio e xuño.

 A primeira hora da mañá,  antes de subir a clase, iamos á caseta meteorolóxica e tomabamos nota das medicións e, inmediatamente, nos dirixiamos ao PANEL DAS METEOESCOLAS que temos no corredor do BIBLIOCASTELO, para rexistrar a información.

Nas primeiras semanas de febreiro, cando chegou a primeira quenda, puxémonos mans á obra!! E para facelo, foi necesario aprender varios conceptos que para nós eran novos.

·       TEMPERATURAS: 

o   MÁXIMA

o   MÍNIMA

·       PRESIÓN ATMOSFÉRICA

·       HUMIDADE

·       PRECIPITACIÓNS

ENCÁNTANOS ESTA TAREFA!!!

 Entre a última semana de maio e a primeira de xuño, repetimos experiencia e volveu suceder algo parecido á ocasión anterior.

A finais de xaneiro e nos primeiros días de febreiro, as temperaturas foron moi altas para a época do ano e non choveu nin unha pinga.

Polo contrario, cando lles tocou axs compañeirxs de 1º B facer as súas medicións, as precipitacións foron moi abundantes ; tanto, que houbo algún deses días nos que non puidemos saír a medir porque chovía moitísimo.

Encántanos esta actividade e sérvenos para reflexionar sobre o terrible problema do cambio climático.

Como ademais nos coincidiu coa celebración do DÍA MUNDIAL DA AUGA o día 22 DE MARZO e o DÍA MUNDIAL DO PLANETA, O 22 DE ABRIL, vimos varias curtametraxes na aula, LEMOS O CONTO DA “BALLENA LLENA” e gravamos na radio escolar un fermoso poema que compuxo a profe María Martínez para reflexionar sobre temas como o uso dos plásticos, a contaminación, o consumo de auga, a reciclaxe...

Entre a última semana de maio e a primeira de xuño, levamos a cabo a derradeira quenda deste curso e fixádevos que curioso; outra vez sucedeu que nos últimos días choveu máis que na semana anterior, igual que nas outras dúas ocasións!!

Temos que coidar o planeta e cumprir cos 3 R, reducir o consumo de plásticos, reutilizar e reciclar!!

PREMEDE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

 

 

 

 

 

 

COÑECER BUEU

Non se podía ocorrer mellor forma de pechar o os proxectos de Coñecemento do Medio que cos tesouros desta fermosa terra na que vivimos e da que formamos parte.

Queremos compartir con vós a emoción de coñecer Bueu, as súas paisaxes, a súa Historia, as súas xentes...

Desexamos que vos guste!

PREMEDE NA IMAXE PARA VER A PRESENTACIÓN.

 

 

E POR FIN CHEGHOU O DÍA DA EXCURSIÓN!!

Por fin a longa espera chegara ao seu fin e nerviosxs e ilusionadxs subimos ao autobús de Cerqueiro que nos agardaba diante do cole para pasar todo o día de excursión!!

Pola mañá, visitamos o CASTELO DE SOUTOMAIOR e logo, pasamos o resto da xornada no PARQUE FORESTAL DO VIXIADOR, en Candeán, VIGO.

Ás sete e media da tarde regresamos ao cole.

PASÁMOLO PIPA!!!     A VER A ONDE IMOS O ANO QUE VÉN...

PREMEDE NO ENLACE PARA VER O VÍDEO.