Blogues

COÑECEMOS O PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS

VISÍTANNOS  SUSO E ANA, GUÍAS DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS

A mañá do xoves, 15 de febreiro, recibimos a visita de Ana e de Suso, guías do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Viñéronnos explicar que é este parque, cales son as illas que o forman(Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada) e onde se sitúan (na boca das nosas Rías).

Tamén nos presentaron a Martiño, o corvo mariño que vive nos seus cantís.

Ademais, grazas á historia de Martiño aprendemos unha chea de curiosidades sobre a Illa de Ons, coma algúns dos seus lugares máis emblemáticos (por exemplo, o Burato do Inferno);  os diferentes hábitats que alí podemos atopar e os animais, as árbores e as plantas que na illa teñen o seu fogar.

proxectaron imaxes, varios vídeos, organizáronnos dous xogos e contáronnos un conto!!

Pasámolo xenial!! Máis non se pode pedir!! Encantounos!!

 Moitas grazas, Ana e Suso!!

 Agardamos a vosa visita o ano que vén!!

 PREMEDE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS

 

 

 

ENTROIDO TOLO DE TEMPO LOUCO!!

ENTROIDO TOLO DE TEMPO LOUCO!!!

 

O venres, 9 de febreiro, puxemos o peche a un Entroido tolo coma tempo atmosférico!!!

Unha semaniña enteira de “MANDADIÑOS” que nos indicaban a pinta coa que habiamos ir ao cole ao día seguinte: con algo na cabeza, cun zapato de cada clase, en pixama... UNHA RISOTADA!!!!

Despois de varias xornadas de sol a rachar e temperaturas de máis de 20 graos (sabémolo porque nos tocou facer o traballo das METEOESCOLAS nesas datas) o venres, UNHA BORRASCA DESAS CON NOME PROPIO quixo chafarnos o día!!

Estaba previsto que viñesen xs compis e as profes do cole de Infantil para organizar un SUPERDESFILE OLÍMPICO DE ENTROIDO non noso patio e, por mor do temporal, tivemos que refuxiarnoas no ximnasio!!

Aínda así, a chuvia e o vento non puideron coas nosas ganas de festa!! Desfilamos todas as clases de Primaria ataviadas como autéticxs deportistas da elite olímpica mundial!!! Desfilamos equipos de HÍPICA, DE NATACIÓN, DE RUGBI, DE TAEKWONDO, DE SNOWBOARD... QUE SEI EU...!!!

Ademais, tivemos a sorte de gozar coa música e a compañía da comparsa OS MULOS, que nos cantaron algunhas das súas coplas máis famosas como  “FALEMOS GALEGO”. Tamén compartimos “SON DE BUEU”, da comparsa VOU NUN BOU. ENCANTOUNOS!!!

 LOGO, BAILAMOS, CORREMOS E SALTAMOS A PRACER!! FIXEMOS FESTA RACHADA!!!

Ao rematar, volvemos ás aulas para gozar dunha riquísima merenda a base de larpeiradas de Entroido!!!

FOI UN ENTROIDO TOLO COMA O TEMPO!!!

 PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO.

 

 

 

 

 

XORNADAS DE NADAL

DESPEDIMOS 2023 CUN FESTIVAL DE PANXOLIÑAS E UNHA XORNADA DE OBRADOIROS DE NADAL!!

Hai xa unha chea de días que regresamos ao cole despois do Nadal e non podemos contarvos as novas actividades deste segundo trimestre sen dar as grazas as persoas que nos axudaron a pechar o primeiro e a despedir 2023.

Por un lado, á PROFE ELSA, polo  EXTRAORDINARIO FESTIVAL DE PANXOLIÑAS, que organizou, montou e dirixiu  con todo o alumnado  do cole!!!!,

Por outro, e UNHA DIVERTIDA XORNADA DE OBRADOIROS DE NADAL na que traballaron e colaboraron profes, e familias!!!

Desde as 9 e media ata a hora da merenda foi un non parar!! 

·      Obradoiro de Plasti , no que, coa axuda das mamás de catro compañeirxs de 1º e de 2º, fixemos figuriñas para colocar nunha Piasaxe de Nadal que preparamos no recibidor e que quedou chulísima!!!

·      Obradoiro de CHRITSMAS coa PROFE MARINA, na aula de inglés cun xogo por equipos para ver quen sabía máis vocabulario de Nadal!!

·      Unha divertidísima xincana que nos organizou  PROFE GORETTI no ximnasio!!!

·      Obradoiro artísitico en Lingua de Signos con GELI e mais ROSA LOURO, as PROFES de AL e de Lingua de Signos! Con elas deseñamos iconas de deportes olímpicos e signamos mensaxes de Paz, tolerancia e vida saudable coas que despois, montaron un mural impresionante na parede das escaleiras que conducen ás nosas aulas.

Despois de tanto “traballar”, nada mellor que unha riquísima merenda para compartir larpeiradas de Nadal cxs compis da clase!! Rematamos xogando, bailando e cantando no patio dxs maiores!!!!

FORON DÚAS MAÑÁS FANTABULOSAS!!

ENCANTOUNOS!!

 MOITAS GRAZAS A TODXS POLO VOSO ESFORZO!!

 PREMEDE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS

 

 

 

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

 

Hai unha canción de PACO NOGUEIRASque nos di EN GALEGO TODO O PODO FACER!”, e celebramos que EN GALEGO TAMÉN PODEMOS FACER CIENCIA!!! POR SUPOSTO!!!

 

A semana pasada visitamos a SALA DAS CIENCIAS do noso BIBLIOCASTELO. QUEDAMOS ABRAIADXS!!! Descubrimos toda clase de trebellos do máis interesantes relacionados co espazo, o corpo humano, as matemáticas.... mesmo un impresora  3D!!!

 

As profes leváronnos alí para desenvolver dous experimentos diferentes:

Primeiro, comprobamos como era posible lograr que un ovo flotase.

Para iso empregamos os seguintes materiais:

 

·                                             2 ovos

·                                           6 culleradas de sal

·                                           Auga da billa

·                                         2 vasos

·                                      1 culler

 O experimento consistiu en comparar dúas situacións case iguais:

Botamos auga da billa en dous vasos. Logo, nun deles, engadimos seis culleradas de sal. A continuación, introducimos un ovo en cada vaso e agardamos uns minutos observando con moita atención.

Pasado ese tempo, puidemos constatar que o ovo que meteramos na auga salgada subira á superficie; mentres que o outro, ficara pousado no fondo do vaso. Parecía maxia, pero era ciencia!!!

Entón, as profes explicáronnos  que ao engadirlle o sal á auga, aumentaba a súa densidade (volvíase máis “espesa”) e facía que o ovo flotase. Que interesante!!!!

 

Por u outra banda, convertemos un ovo nunha bóla que saltaba!!!

Tivemos que ter un pouco de paciencia; pois, para ver o resultado do noso experimento tivemos que agardar varios días.

O que fixemos foi meter un ovo nun vaso con vinagre.

 Os materiais que empregamos foron:

·                                     1 vaso

·                                      1 ovo

·                                     Vinagre

 Case de inmediato, puidemos ver como empezaban a aparecer burbulliñas que nos indicaban que algo estaba a suceder na casca do ovo!

Despois de varios días de espera, descubrimos que se volvera branda e parecía que o interior do ovo se inchara.  A verdade é que daba un pouco de noxo.

Ao sacar o ovo do vaso, comprobamos que parecía unha pelota saltarina!!!!

 

ENCANTOUNOS!!!

QUE VIVAN A CIENCIA E NOSA LINGUA!!!

 

PREMEDE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS!!!

 

 

 

 

UN SAMAÍN DE FESTA RACHADA!!!

UN SAMAÍN DE FESTA RACHADA!!!

Onte pasámolo mellor que de medo!!!

Celebramos un Samaín plurilingüe; en galego, en castelán e en inglés!!

Xa levabamos días facendo manualidades para decorar o recibidor do cole con cabazas e esqueletes olímpicos, ademais das meigas, pantasmas e outros seres arrepiantes que deambulan polas aulas e os corredores...

Pero a sorpresa de onte foi maiúscula cando descubrimos que nos agardaba unha xornada escolar extraordinaria,  UN SAMAÍN DE FESTA RACHADA!!!

Pasamos a mañá de obradoiro en obradoiro!! No Bibliocastelo, XS MOZXS DE 5º E 6º contáronnos uns contos de medo para escachar coa risa; as profe AMI, fíxonos un obradoiro de HALLOWEEN con xogos en inglés, coa profe “MARTES” cantamos, signamos, xogamos e bailamos a canción do Samaín de Uxía Lambona e a Banda Molona e coa profe GELI fixemos unhas marionetas de cartolina con caras de bruxas, vampiros e cabazas chulísimas!!!!

A media mañá, tivemos unha paradiña para merendar nas aulas e para rematar o día, festa rachada con música e baile no patio dxs maioresª!!!

MOITÍSIMAS GRAZAS AXS ALUMNXS de 5º e 6º POLOS SEUS CONTACONTOS!!!

E A TODAS AS PROFES QUE ORGANIZARON PARA NÓS ESTE DÍA  XENIAL!!!

 FOI UN SAMAÍN ESPECTACULAR!!!

PASÁMOLO DE MEDO!!!

PREMEDE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS.

CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE PAPIRUS

CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE PAPIRUS

 

O 24 de outubro o noso querido Papirus está de aniversario e, cada ano, organizamos quendas para poder visitalo no seu BIBLIOCASTELOe cantarlle os PARABÉNS.

 

Este curso, como xa estamos en Primaria, tivemos que agardar ata o xoves 26 para poder festexalo. Pero, pagou a pena porque compartimos a festa cxs compis de 3º, que nos tiñan preparada un sorpresa moi linda.

 

Cando chegamos á biblio xa estaban todxs sentadiñxs  a esperar a nosa chegada. Unha vez nos acomodamos, xs profes puxeron na pantalla varios vídeos:

 

o  No primeiro, varias rapazas de 6º, que forman parte do Equipo de Axudantes de Papirus, nos explicaban que este ano o tema central do Proxecto da biblioteca serán As Olimpíadas; pero non unhas calquera, senón, AS OLIMPÍADAS DE PAPIRUS.

 

o  O segundo contaba historia da nosa querida mascota e do seu Bibliocastelo.

 

o  Co terceiro, cantamos xuntxs a canción Papirus.

 

Pero o mellor foi o que sucedeu a continuación! Cada compañeirx de 3º seleccionara un conto para lernos a cadaquén de nós!! As profes mandáronnos sentar por parellas ao longo e ancho da biblio; que, de súpeto se converteu nun xardín  máxico no que plantamos sementes de amizade   con forma de APADRIÑAMENTOS LECTORES!!

 

Despois, fomos ás aulas de 3º onde xuntxs debuxamos un agasallo para Papirus.

 

FOI UNHA EXPERIENCIA PRECIOSA!!

 

MOITÍSIMAS GRAZAS, COMPIS  de 3º!!!

PREMEDE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS

 

 

HOXE FOMOS AO FIC!!

HOXE FOMOS AO FIC!!!

 

Esta mañá foi especial!!

 

A pesar de que a chuvia estivo a piques de estragarnos a festa; Anita, a directora do cole, salvounos do desastre!! Chamou a CERQUEIRO, e un autobús viunos rescatar para que puidésemos chegar a tempo de gozar das pelis que nos estaban agardando no Centro Social do Mar!!!

 

A semana pasada xa traballaramos na clase sobre varias cuestións relacionadas co FIC como:

              .- Explicar que sabiamos do FIC

 

.-Imaxinar que mira o ollo misterioso que aparece no cartel de FIC deste ano.

 

.-Adiviñar de que tratarían as curtametraxes que habiamos ver hoxe.

 

Estes son os fotogramas; a ver que vos parecen a vós!

 

Antes de marchar, fixemos a foto. MIRADE QUE GUAPXS ESTAMOS!!!

 

    

 

Cando saímos do cine, como xa comezaban a despexarse as nubes, puidemos regresar andando.

 

Ao chegar, lavamos as mans, merendamos a baixamos ao recreo.

 

De volta nas aulas, votamos as pelis que máis nos gustaran.

 

 

As tres que máis puntuación acadaron foron:

 

1º.- POLISÓN (a do barco pirata)

 

2º.- A SOPA DE FRANZY

 

3º.-O MEU AMIGO O TIGRE

Encántanos ir ao FIC!!!

 

QUERÉMOSLLES DICIR

 

“MOITAS GRAZAS!!!”

 

A TODAS AS PERSOAS QUE TRABALLAN TANTO

 

PARA PODER ORGANIZALO

 

E, MOI ESPECIALMENTE,

 

Á NOSA QUERIDA  PROFE MARÍA!!!

 

BENVIDXS A PRIMARIA!!

Xa pasou unha semaniña desde que comezamos e non queremos deixar pasar máis tempo sen darvos a benvida de deixarvos colgada a presentación de diapositivas que empregamos na reunión de familias que tivemos o día 7.

 Sentídevos BENVIDXS AO COLE GRANDE!!

 

 

 PARA VER A PRESENTACIÓN DE DIAPOSITIVAS PREMEDE NA IMAXE e CLICADE AS TECLAS "CONTROL"+ "FUNCIÓN" +"F5" .

 

 

 

 

MINIOLIMPÍADAS NA PRAIA

MINIOLIMPÍADAS NA PRAIA 

Estes días aproveitando o bo tempo e para rematar este curso, baixamos ata a praia da Banda do Río para celebrar as nosas particulares Miniolimpíadas de Papirus.

Os días previos confeccionamos o facho olímpico, que nos ía acompañar no noso camiño, e as bandeiras, que nos axudaron a organizarnos por equipos mesturando idades e cursos (os aros olímpicos, de cor branca; a candea olímpica, de cor amarela; o caldeiro olímpico, de cor vermella, e as mascotas, Les Phryges, de cor azul). Tamén preparamos coroas de oliveira para os participantes pola súa colaboración, esforzo e ilusión.

Finalizados todos estes preparativos, xa só nos quedaba achegarnos ata a praia para gozar das distintas probas que tiñamos que realizar: lanzamentos de vortex ou xavelina, salto de lonxitude, remudas con entrega de testemuño e dobres con raquetas. Unha vez que todxs pasamos polas catro probas, demos por clausuradas as nosas Miniolimpíadas coa entrega das coroas de oliveira.

Para rematar, fixemos unha recollida selectiva de todo aquilo que atopamos pola praia e que non forma parte da natureza como plásticos, papeis, cartóns, botes, cristais, latas... para poder seguir gozando deste espazo o maior tempo posible.

Esperamos que desfrutarades da convivencia porque ese era o noso obxectivo, aprender convivindo deixando de lado a competitividade que moitas veces nos desborda. Grazas aos titores pola súa colaboración e a Lina e a Suso pola súa paciencia. E con isto damos por rematado un ano olímpico.

 

BO VERÁN

 

Meteoescolas

O alumnado de 3º, coma cada ano, participamos na recollida de datos meteorolóxicos en dúas semanas do curso escolar.

Fomos ao inicio da xornada á caseta meteorolóxica no patio da escola para recoller a chuvia do pluviómetro e medir a cantidade que había, ademais das temperaturas máximas e mínimas.

Tamén realizamos un recopilatorio de refráns do tempo.

 Encántanos convertirnos en meteorólogos e meteorólogas por uns días!

Distribuir contido