Gallego

Zigotebody

Ferramenta online para a ensinanza interactiva da anatomía e do corpo humano.

http://www.zygotebody.com

Gallego
ZYGOTE

Easelly

Nesta ferramenta da web 2.0 podemos crear facilmente infografías a partir de fondos, imaxes e formas predeseñadas, así como empregando as nosas propias fotografías. O resultado final poderá ser compartido por email, embebido nunha páxina web ou blog ou simplemente descargado en formato jpg.

http://www.easel.ly

Gallego
EASEL

Xogamos?

Conxunto de ferramentas para crear xogos de pregunta-resposta completamente configurables (non só en canto ás preguntas senón tamén en canto á estética e deseño do xogo).

As ferramentas que inclúe para a creación de xogos son:

• Edipre: Editor de preguntas. Programa informático para contornas windows e linux. As preguntas permiten incluír imaxes, sons, animacións, vídeos, ligazóns web,...

• DEX: Deseño de Xogos. Aplicación para a construción das interfaces gráficas dos xogos. Válida para contornas windows, linux , mac e Internet.

• E por último xoga.swf é un script en flash que permite a utilización dos xogos en diversos sistemas operativos.

Ferramentas de autor freeware. Autores: Fran Macías, Felo Couto e Xosé Antón Vicente.

http://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1292832911/contido/index.html

Gallego
XOGAMOS

Avira

Antivirus gratuíto dispoñible no sitio da empresa que elimina moitos tipos diferentes de malware. Actualízase automaticamente coa periodicidade que o usuario defina. É posible actualizar a versións máis potentes con licenza. 

http://www.avira.com/es/avira-free-antivirus.

Gallego
avira

Dropbox

Dropbox é unha ferramenta dispoñible na rede que permite almacenar contidos de xeito gratuíto até 5GB e compartilos con outros usuarios da ferramenta. É posible aumentar o espazo de carga, máis este servizo xa non é gratuíto. Conta ademais con unha aplicación para Smartphones. Podedes descargala en www.dropbox.com

Gallego
dropbox

Skype

Programa que permite comunicacións sincrónicas de texto (chat), voz e vídeo sobre internet (voz por IP). Non é un programa de código aberto pero os usuarios poden descargar a aplicación executable dende o sitio web oficial e poden falar tamén gratuitamente. O programa está dispoñible en múltiples idiomas e a versión en español se atopa nesta ligazón: http://www.skype.com/intl/es/home

Gallego
SKYPE

Gimp

Programa de software libre baixo licenza GNU de edición de imaxes, pensado para retocar fotografías, compoñer imaxes e outras tarefas de autoría gráfica. Funciona na maioría dos sistemas operativos e en moitísimas linguas. A versión en español pódese descargar deste enlace: http://www.gimp.org.es/. Versións noutras linguas dende http://www.gimp.org/.

Gallego
GIMP

Convocatoria

Podes descargar a convocatoria dos Plans de Formación Permanente do Profesorado, PFPP, na seguinte ligazón:

Convocatoria de Plans de Formación Permanente do Profesorado para o curso 2022/23

 

 

 

Gallego

Peso: 

3