Gallego

Ti controlas. Ti decides

Gallego

O Departamento de Educación Viaria da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela arranca unha campaña de concienciación viaria dirixida á mocidade. Dentro desta campaña elaborouse un vídeo co fin de sensibilizar contra o consumo de alcol asociado á condución.
Pódese obter máis información na web do Concello.

Sección: 

Curso de especialización en educación vial

Gallego

A DXT promove un curso de especialización en educación viaria para profesorado de infantil, primaria, secundaria, formación profesional e persoas adultas.

Pódese consultar a información na ligazón anexa.

logo
Tema: 
Colectivo: 

Nova materia de libre configuración: Mobilidade Escolar Sostible e Segura

O próximo curso 2017/18 os centros galegos poderán impartir a materia de libre configuración autonómica "Mobilidade Escolar Sostible e Segura". Esta materia poderase impartir en 1º ou 2º da ESO. Pódese consultar o currículo na seguinte ligazón.

Gallego

Premios Nacionais de curtametraxes de educación viaria 2017

Prazo

Ata o 16 de maio de 2017 ás 17.00 horas.

Participantes

Todos aqueles centros docentes, centros educativos de menores e ONG situados no territorio español que presenten curtametraxes realizadas por unha persoa maior de idade responsable do concurso e un grupo de entre 3 e 8 alumnos ou alumnas de educación primaria.

 

 

 

Información

  • Curtametraxe de entre 30 segundos e 1 minuto de duración. Os formatos admitidos serán: MP4, MPG, AVI Ou 3GP, cun peso non maior de 150 Mb, e deben ser subidos á plataforma.
  • Representaranse situacións coas que poden atoparse de camiño ao colexio, xa sexa como peón, ciclista, pasaxeiro do transporte escolar ou privado, ou a súa combinación, transmitindo unha mensaxe clara de comportamento viario cívico e seguro.

Obxectivo

Axuntar as artes escénicas e a educación viaria nunha actividade formativa para alumnado a través de centros docentes en toda España, e ofrecer información sobre as principais mensaxes e recomendacións de educación e seguridade viaria, así como consellos sobre como realizar unha curtametraxe, educando ao alumnado na cultura mediante a promoción das artes escénicas.

Premios

  • Primeiro posto: Placa de recoñecemento e 2.000 euros. Diploma e videocámara a cada participante e cada docente
  • Segundo posto: Placa de recoñecemento e 1.500 euros. Diploma e videocámara a cada participante e cada docente
  • Terceiro posto: Placa de recoñecemento e 1.000 euros. Diploma e videocámara a cada participante e cada docente
  • Premio institucional: recoñecemento ao labor desenvolvido a favor da educación e a seguridade viaria            

O acto de entrega de premios celebrarase na sede da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas en Madrid, coa presenza do xurado de honra.

O importe económico de cada un dos premios deberá ser destinado por parte do centro docente a actividades de promoción da educación e a seguridade viaria.

Gallego
Logo

I Congreso Galego de Seguridade e Educación Vial Cidade de Narón

Gallego

O Grupo de Educación Vial da Policía Local de Narón organiza o I Congreso Galego de Seguridade e Educación Vial, coa colaboración do Concello de Narón, da Deputación da Coruña e da Academia Galega de Seguridade Pública. O Congreso está aberto a toda a cidadanía e constitúe tamén unha actividade formativa para o profesorado (F1514001):

Centro de formación e recursos: Ferrol
Temporalización:  28/05/2016  -  29/05/2016
Data límite de inscrición: 26/05/2016
Lugar: Auditorio de Narón
Prazas:  100
Nº de horas: 10

Para obter máis información pódese consultar o programa que se achega na ligazón.

 

 

Logo do Congreso
Tema: 

O CEIP Padre Feijoo de Allariz presenta os avances da actividade de camiño escolar

Gallego

 

O CEIP Padre Feijoo, o Concello de Allariz, a Policía Local e a Dirección Xeral de Tráfico presentaron o xoves 30 de marzo o proxecto de camiño escolar que se está a levar a cabo no núcleo urbano. Esta actividade arrancou a través da participación do centro no proxecto europeo de camiños escolares "The Traffic Shake Game" ("O xogo da serpe", adaptado a Allariz co nome "Serpe papa-leguas"). Trátase dun xogo co que se traballa e incentiva a mobilidade do alumnado de primaria, a pé e sen tutela de adultos (ou sexa, sen o acompañamento das familias), no camiño da casa á escola. Neste xogo participa todo o alumnado de primaria do CEIP Padre Feijoo (260 nenos e nenas).

 

O centro desenvolveu a actividade en 3 fases:

  • fase de avaliación inicial: durante 2 semanas (do 1 ao 12 de febreiro) realizouse a identificación e rexistro dos tipos de desprazamento do alumnado (a pé, en coche, en bici, en bus, acompañados, sós...) sen o seu coñecemento. Deseguido, o centro informou por carta ás familias da intención de desenvolver o xogo da serpe, e explicou o seu obxectivo e metodoloxía.
  • fase de xogo: durante 2 semanas o alumnado (do 15 ao 26 de febreiro), prolongouse ata o 4 de marzo. Incentivou a través do xogo a práctica de desprazamentos máis sostibles (a pé, en bici, en coche compartido) e autónomos (sen tutela de adultos), co que se viu reducida nun 50% a presenza de tráfico rodado no contorno escolar e se detecteu un aumento da autonomía do alumnado participante. A serpe está no patio cuberto, os nenos desprazados sostiblemente (andando, en bici, en bus escolar, en coche compartido) van indicando con adhesivos pegados sobre o debuxo dunha serpe como realizan os seus desprazamentos. Ademais, o alumnado expresará a súa experiencia a través dun conto.
  • fase postavaliación: 2 semanas despois faise unha postavaliación para comprobar a implantación dos novos hábitos adquiridos. Finalmente, realizarse unha entrega de premios ao alumnado participante durante o 3º trimestre do curso 2015/16 para recoñecer o esforzo realizado.

O Concello de Allariz e a Policía Local (Miguel e Antonio) deseñaron a campaña de camiño escolar (simbolizada polo logo "Don Pé") e identificaron os cinco percorridos seguros (identificados por cores) que pode realizar o alumnado que acode ao CEIP Padre Feijoo cada día. Ademais, o Concello emprendeu un labor de peonalización de áreas urbanas (para aumentar as zonas de prioridade peonil), de sinalización dos camiños (para favorecer a orientación dos máis pequenos e visibilizar a súa presenza) e mais de acondicionamento do viario (para garantir que os percorridos se realicen en condicións de seguridade e accesibilidade). Ademais persoal voluntario contactado polo Concello (Protección Civil e o asociacións de maiores) realizará labores de acompañamento para garantir que os cruzamentos se realicen sen incidencias. Ao longo do curso 2016/17 implantarase o traballo de camiños escolares con vocación de continuidade.

Esta acción estase a desenvolver en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, que coordina o programa "Mobilidade sostible e segura" do Plan Proxecta, iniciado no curso 2015/16. A coordinadora de educación viaria da Xefatura de Tráfico de Ourense, Sinda Aguiar, asesorou o Concello e o CEIP para botar a andar o programa do Plan Proxecta no CEIP Padre Feijoo. Os obxectivos do programa son aumentar a autonomía infantil, reducir os contextos de risco viario para o alumnado, favorecer o respecto polo medio...

O Concello de Allariz ten unha longa traxectoria de recoñecementos urbanísticos e ambientais polo seu labor de conservación patrimonial e de iniciativas de desenvolvemento sostible (Conxunto Histórico Artístico, Premio Europeo de Urbanismo, Reserva da Biosfera da UNESCO...).

O CEIP Padre Feijoo é o primeiro centro galego que participa no proxecto europeo de camiños escolares "The Traffic Shake Game".

Para obter máis información da actividade:

foto

IV Edición dos Premios Nacionais de Curtametraxes de Educación Viaria 2016

Os premios de curtas de organizados por RACE e Good Year acaba de abrir o prazo de envío para os centros. Estes premios reciben o apoio institucional do Ministerio de Educación, Cultura e Deportes, a Dirección Xeral de Tráfico, A Fiscalía de Seguridade Viaria e a Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas. O certame está dirixido a centros de infantil e primaria do ámbito español que presenten curtametraxes realizadas (como máx. 3 por centro) por un “Responsable de grupo” maior de idade e un grupo máximo de 8 alumnos/as de educación primaria. As curtametraxes deben durar entre 30 segundos e 1 minuto.

Pódese consultar toda a información desta convocatoria e realizar as votacións na seguinte ligazón.

Gallego
Cartel dos Premios Nacionais de curtas de Educación Viaria 2015

Cero violencia viaria!: programa de sensibilización viaria para a mocidade en Pontevedra

Gallego

A Policía Local, a Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra e o Vicerreitorado do Campus de Pontevedra están a desenvolver o ciclo OVV! (Cero violencia viaria), un programa de sensibilización sobre as consecuencias dos accidentes de tráfico para a mocidade en Pontevedra. Dentro deste programa desenvolvéronse accións de distinto tipo encamiñadas a informar e sensibilizar a xente nova dos efectos do consumo de alcol e outras drogas sobre a saúde e a condución. Dentro destas actividades desenvolvéronse debates, mesas redondas e outras iniciativas que procuraron integrar o factor formativo, lúdico e deportivo.

Ademais do Concello, da Xefatura Provincial de Tráfico e da Universidade de Vigo, estas xornadas contaron coa colaboración dunha multitude de entidades de índole pública, asociativa e privada co fin de integrar todos os puntos de vista sobre o problema dos accidentes de tráfico.

Logo da campaña
Sección: 

O programa "Mobilidade sostible e segura" preséntase no seminario do CENEAM

O programa de "Mobilidade sostible e segura", que desenvolverá a Dirección Xeral de Tráfico a partir deste curso 2015-16 a través do Plan Proxecta, acaba de presentarse no "IV Seminario Movilidad e Infancia" (Valsaín - Segovia, 4-6 de novembro de 2015), que organiza anualmente o CENEAM. Este encontro ten como obxectivo promover o encontro de representantes de entidades públicas e privadas que traballan no ámbito da mobilidade para favorecer o intercambio de experiencias e boas prácticas que promovan un cambio de modelo na mobilidade da infancia.

O grupo de traballo que organiza anualmente este seminario está adscrito ao Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM), un organismo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, vinculado a numerosas iniciativas medioambientais no ámbito educativo. Para acceder á documentación dos anteriores seminarios do CENEAM pódese consultar o seu espazo web. Ademais ofrécese un portal específico con recursos para traballar a mobilidade infantil.

Dentro do ámbito da mobilidade, o Plan Proxecta acaba de arrancar este curso 2015-16 incorporando un programa educativo dedicado integramente á mobilidade e desenvolvido pola Dirección Xeral de Tráfico (coordinado desde as catro Xefaturas Provinciais) no que participarán 28 centros educativos de infantil, primaria e secundaria. Este programa de mobilidade xorde cunha finalidade transformadora que cuestione os modos de mobilidade imperantes e que favoreza a participación do alumnado na elaboración de propostas que garantan a súa seguridade nos seus desprazamentos e que promovan modos de mobilidade máis saudables para toda a comunidade. Para consultar os contidos que se desenvolven no programa "Mobilidade sostible e segura" pódese consultar o seu espazo web. Para consultar a máis información sobre a resolución desta convocatoria do Plan Proxecta pódese acceder aquí.

 

 

Gallego
Presentación do programa Mobilidade sostible e segura

A Policía Local presenta o programa de camiños escolares en Santiago de Compostela

A Policía Local de Santiago de Compostela acaba de presenta o proxecto de camiño escolar "Colecamiños". Trátase da primeira experiencia de camiño escolar na capital de Galicia, que arranca como proxecto piloto no CEIP Pío XII. A web do proxecto inclúe a descrición dos contidos, as actividades que se van desenvolver, ligazóns de interese e documentos de interese para traballar nos centros.

Os centros que estean interesados en contactar coa Policía Local para iniciar o proxecto de camiño escolar pódense contactar a través do correo electrónico:  educacionvial@santiagodecompostela.org

Pódese ver a nova sobre a presentación da actividade na web da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.

Gallego
Logo de Colecamiños